Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 15 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra

O estudo ambiental do proxecto presentado polo Concello evidencia que non se trata dun estudo real da zona, senón dun copia e pega doutro proxecto ao aparecer especies e outras informacións que non existen en Salvaterra.

[Img #28024]

 

O pasado luns día 3 de outubro a Asociación Lazoiro presentou no Concello de Salvaterra de Miño unha recompilación de alegacións ao proxecto sobre a construción dun pantalán na zona do río Miño na que se atopa actualmente o embarcadoiro do antigo transbordador.


O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, versa esencialmente sobre as problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto, valorado en case douscentos cincuenta mil euros.


Deste xeito, nun primeiro momento cuestionase a necesidade de levar a cabo a construción, considerando a existencia do embarcadeiro actual. Tamén se fala do efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre certas especies protexidas, a baixa viabilidade do estudo de viabilidade medioambiental ou a necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse  dentro dunha  zona compartida baixo a o amparo legal  da REDE NATURA 2000.


O Proxecto do Pantalán en Salvaterra, ademais de estar integramente escrito en castelán, ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.