AS NEVES
Éxito na primeira Xornada de Cultura Urbana celebrada nas Neves
Tivo lugar na Praza da Cristiandade e encheu o centro da vila coa vida moza do concello.
![[Img #28026]](upload/img/periodico/img_28026.jpg)
Contáronse por decenas as persoas que na tarde do pasado sábado se achegaron aos obradoiros de Cultura Urbana que a Concellería de Mocidade e Novas Tecnoloxías ofreceu de balde para a poboación máis nova do concello.
Skate, Breakdance, Graffiti e Beatbox, foron as actividades que practicaron as e os asistentes da man dos monitores da asociación Vella Escola, contratada para a ocasión. Actividades todas elas acollidas con grande interese e que ofreceron a posibilidade de gozar dunha solleira e agradable tarde facendo saltos con patinetes, monopatíns, bicicletas ou patíns, aprendendo as técnicas para realizar Breakdance, iniciándose na realización de graffitis e probando as habilidades para a creación de música cos recursos corporais, principalmente coa boca.
Entre o público, dende crianzas de apenas 5 anos ata mozas e mozos de máis de 18 e mesmo algunha das persoas adultas que acudían como acompañantes e non dubidaron en probar algunha das disciplinas da cultura urbana que alí se estaban a practicar. E as reaccións, en tódolos casos foron de felicitación pola iniciativa e de desexo de que se repita.
Con todo, entusiasmo e satisfacción son as palabras escollidas para resumir unha xornada trala que a Concellería estuda a posibilidade de levar este tipo de actividades a outros eventos da programación cultural do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215