Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 13 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva inaugura no Pazo Provincial a exposición que celebra os 75 anos do Pontevedra C.F.

O xornalista Xabier Fortes conduciu o acto e fixo unha visita guiada pola mostra, composta por fotografías, trofeos e roupa deportiva de varias épocas do club.

[Img #28027]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou esta semana no Pazo Provincial a exposición que repasa os 75 anos de historia do Pontevedra C.F. O acto estivo conducido polo xornalista e comisario da mostra, Xabier Fortes, e tamén asistiron a Presidenta do club, Lupe Murillo, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a deputada de Deportes, Chelo Besada, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, entre outras autoridades e membros da directiva e xogadores do club.

 

Carmela Silva sinalou que “o Pontevedra C.F. é máis que un club porque representa un sentimento, representa unha afección e leva a cidade de Pontevedra a outros lugares. Os clubs de fútbol son un nexo de unión e de pertenza a unha organización. Por iso son máis que un club: é unha forza que move a toda a cidade de Pontevedra”. Sobre o aniversario do club, a Presidenta provincial asegurou que “75 anos son moitos anos de historia e dun camiño compartido por distintas xeracións, pero que se xuntaron por manter vivo o club”. Do mesmo xeito, Silva lembrou que “cando eu era pequena había unha constante na miña casa, que era a expresión de hai que roelo, e lle tiñamos un cariño especial ao Pontevedra porque eramos conscientes de que o club pasara por situacións brillantes e outras máis dificultosas. Pero estas son as que permiten que se poidan cumprir 75 anos de paixón e de loita por se manter”.

 

Ademais das autoridades, tampouco faltaron á inauguración persoal técnico e xogadores actuais e históricos do Pontevedra, como Eduardo Depena Lis, “Cholo”, de quen Carmela Silva asegurou que “non só representa unha etapa brillante do club, senón que tamén representa o que é un grande deportista”. Este xogador conta cun módulo monográfico na exposición.

 

O xornalista Xabier Fortes, que agradeceu á Deputación e a súa Presidenta por “ver a necesidade de envorcarse con este aniversario”, conduciu o acto e, ao remate –momento no que comezou a soar o himno do Pontevedra C.F. –, fixo unha visita guiada pola mostra na que se recollen fotografías, roupas orixinais da época ou algúns dos trofeos máis sinalados da historia do club.

 

Pola súa banda, a presidenta do club Lupe Murillo destacou tamén o gran apoio da Deputación de Pontevedra co equipo e o seu compromiso con esta celebración e quixo facer extensivo este agradecemento a todos os membros do equipo, directivos, técnicos e xogadores pero moi especialmente a “Cholo” por representar “os principios e valores do Pontevedra”.

 

Tamén o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, subliñou a importancia do club de fútbol ao que aventurou grandes éxitos e, sobre todo, mostrar ao mundo unha cidade como da de Pontevedra.

 

Ao abeiro desta efeméride estanse a organizar outros actos, como unha serie de diálogos e coloquios que terán lugar dende mañá e ata o venres no Teatro Principal, e que traerán a Pontevedra e adestradores  como Vicente del Bosque, Jorge Valdano ou o xornalista pontevedrés Manuel Jabois, entre outros. A exposición, na entrada da Deputación de Pontevedra poderá visitarse ate final de ano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.