O PORRIÑO
Estudantes de Saraxevo, en Bosnia-Herzrgobina, de Elbasan, en Albania, completan a súa formación no Porriño
![[Img #28029]](upload/img/periodico/img_28029.jpg)
30 alumnos de dous centros universitarios , da ‘Escola Superior CEPS’, en Kiseljak, preto de Saraxevo, e do ‘Logos Centar College’, en Mostar, que cursan estudos de Económicas, Dereito, Transporte, Tráfico ou Marketing, ensinos todos relacionados coa área de negocios, e outros 20, que proceden da ‘Universidade Aleksander Xhuvani’, de Elbasan, en Albania, que estarán entre 4 e 6 meses no Porriño, visitaron este luns o Concello e coñeceron á alcaldesa, Eva García de la Torre, e á concelleira de Educación, Lourdes Moure.
Acompañados pola directora do IES Ribeira do Louro, Juana Muñoz, por Amador Ordoñez, coordenador de proxectos europeos do centro, e por os profesores que os acompañan, e que permanecerán no Porriño dúas semanas, os estudantes amosaron a súa satisfacción por ter a oportunidade de ampliar a súa formación neste instituto, e nos de Ricardo Mella e Manoel Antonio dentro do programa Erasmus.
Eva García de la Torre agradeceu a súa visita, animoulles a coñecer e integrarse no Porriño, a relacionarse coas súas veciñas e veciños, e a aproveitar a estadía non so para aprender senón para “amosarnos a vosa cultura, os vosos costumes e deixarnos que os amosemos os nosos”.
Como sinalou o profesor Ordoñez, ao mesmo tempo que estes xoves están no Porriño, alumnos porriñeses melloran os seus estudos na Escola Superior CEPS, en Kiseljak, e en Elbasan, dentro do programa Erasmus KA 107, que se coordina dende O Porriño e que é, como subliña o profesor, “dos menos frecuentes, xa que é para países de fora da Unión Europea”, e que e se limitaban a estudos de pos grao, “e que agora son para ciclo superior e grao”, e que abrangue, asimesmo, a alumnos da India e de Tailandia.
Dentro deste mesmo programa, indica Ordóñez, xa se estableceron, “ao longo do verán”, contactos con centros de Xordania, Líbano, Camboia e Vietnam, e “imos a recibir no Porriño, antes de final deste mesmo ano, a estudantes e profesores da India e de Tailandia, nun congreso que queremos organizar, aquí mesmo, en novembro”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61