Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 16 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos contrata a sinalización de todas as súas igrexas e capelas grazas a unha subvención de Turismo de Galicia

A actuación quedará finalizada antes do día 30 do presente mes de outubro.

[Img #28051]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron esta semana de que foi aprobada na Xunta de Goberno Local a contratación do subministro e instalación de sinalización dos recursos turísticos do Medio Rural do Concello, concretamente das súas igrexas, capelas e ermidas.


Dita dotación de sinais turísticos é posible grazas á subvención para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural do Concello de Mos, concedida por Turismo de Galicia e cofinanciada polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020.


A inversión a realizar na execución deste proxecto de sinalización de igrexas e capelas ascende a 50.000 euros e mediante a realización do mesmo preténdese a posta en valor do patrimonio mosense, segundo explicaban as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.


O traballos de instalación dos novos sinais iniciaranse de xeito inminente e estarán rematados antes de finais deste mes.


Os obxectivos que se perseguen coa instalación dos novos sinais son fortalecer o sentimento de identidade  entre os habitantes  do Concello e sobre todo dos da parroquia  onde se localiza cada recurso, xerar  unha  iconografía   propia   que   pretende   potenciar   unha  das  etapas  máis importantes dentro do arte e historia de Galicia, coma é o románico, servir  coma  elemento de  sinalización  viaria  mellorando  e  complementando  os sistemas existentes, e consolidar o Sistema de Sinalización Turística de Galicia, mediante  novas elementos que seguen a liña marcada no mesmo.


Dentro deste proxecto realizarase a sinalización das igrexas das 10 parroquias do Concello de Mos, capelas e ermidas.


Para elo instalaranse un total de 40 elementos: 20 sinais coa finalidade de identificar as 10 igrexas e 9 capelas e 1 ermida. 19 sinais direccionais que sirvan de orientación coa finalidade de poder chegar ás igrexas e capelas dunha forma clara e segura dende os camiños municipais do rural. E un cartel a emprazar na parroquia de Petelos, na Praza do Concello de Mos, onde se poidan identificar todas as igrexas, capelas e a ermida incluídas no presente proxecto de sinalización.

 


As igrexas, capelas e ermida que se sinalarán coas sinais que figuran no proxecto son:


Igrexa de San Salvador (Parroquia de Louredo)


Igrexa de Santa María (Parroquia de Guizán)


Igrexa de San Mamede (Parroquia de Torroso)


Igrexa de Santa Mariña (Parroquia de Dornelas)


Igrexa de San Martín (Parroquia de Tameiga)


Igrexa de San Mamede (Parroquia de Petelos)


Igrexa de Santa Eulalia (Parroquia de Mos)


Igrexa de San Miguel (Parroquia de Pereiras)


Igrexa de San Pedro (Parroquia de Cela)


Igrexa de Santa María (Parroquia de Sanguiñeda)


Capela de San Gregorio (Parroquia de Louredo)


Capela de Santiaguiño (Parroquia de Guizán)


Capela de San Xoán (Parroquia de Torroso)


Capela de Nosa Señora de Francia (Parroquia de Dornelas)


Capela de San Eleuterio (Parroquia de Tameiga)


Capela de San Amaro (Parroquia de Petelos)


Capela de Santa Marta (Parroquia de Mos)


Capela de Santa Mariña (Parroquia de Pereiras)


Ermida da Virxe das Neves (Parroquia de Cela)


Capela de San Cosme e San Damián  (Parroquia de Cela)

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.