Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 11 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Primeiro paso de Mos Axuda

Bota a andar unha ambiciosa rede solidaria municipal, ávida de apoiar ós máis necesitados e dende a que se anima á veciñanza a implicarse en labores de voluntariado.

[Img #28067]

 

A concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informou de que este martes se recibiron 5.500 quilos de alimentos a través dun proxecto de colaboración coa Cruz Vermella e que serán distribuídos mediante o programa Mos Axuda.


Estas cinco toneladas e media de alimentos comezáronse a repartir esta mesma tarde entre as familias mosenses que contan co pertinente informe emitido polos Servizos Sociais municipais.


Cebreiro aproveitou para explicar tamén que a partir de agora o banco de alimentos e o roupeiro do Club de Leones pasan a ser xestionados por este novo proxecto solidario municipal que é Mos Axuda. A desta tarde foi a primeira entrega de alimentos realizada dende a iniciativa Mos Axuda.


Unha importante novidade que inclúe Mos Axuda é o reparto semanal de peixe fresco ás familias beneficiarias, producto que é doado por unha empresa pesqueira.


A edil de Política Social do Concello de Mos avanzou tamén que “este mesmo mes empezaremos a organizar a tradicional campaña da tempada navideña, Nadal Solidario, que xa é un referente na nosa localidade”. Nela colaboran dende empresarios ata supermercados, colexios, asociacións e particulares mosenses.


Sara Cebreiro recalcou que o proxecto Mos Axuda é posible grazas á participación no mesmo de numerosos voluntarios: permanentemente os de Protección Civil e actualmente os oito mozos e mozas do programa de Voluntariado Xuvenil subvencionado pola Xunta de Galicia. “Sen embargo”, explica Cebreiro, “dada a necesidade de persoal implicado neste proxecto social, dende o Concello continuamos coa campaña de captación e formación de voluntarios e, xustamente estes días, estamos a formar un grupo para levar a cabo un curso formativo sobre voluntariado gratuíto para tódolos interesados e impartido pola Cruz Vermella, no que todas as persoas que queiran participar aínda están a tempo de inscribirse”.


Mos Axuda tamén ten habilitado un número de teléfono de contacto, o 627 133 828, ao que se poden dirixir todos aqueles voluntarios/as que desexen entrar a formar parte do programa; así coma calquera particular interesado en colaborar facendo doazóns de todo tipo para os beneficiarios do proxecto: tanto alimentos como roupa ou calquera outra aportación (mobiliario, obxectos de puericultura, etc.). O horario de atención neste teléfono é continuado e ininterrompido, mentres que o horario de entrega e recollida de doazóns no local de Mos Axuda é todos os martes de 18.00 horas a 20.00 horas da tarde. A dirección do local é Avenida de Peinador 25, Puxeiros-Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.