Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 12 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Andaina Río Mendo

O próximo día 16 de outubro, a Asociación cultural Quinta do Piñeiro vai a realizar a II andaina guiada pola contorna do río Mendo, paseo feito polo Concello de Salvaterra de Miño e que se enmarca dentro do proxecto de posta en valor do noso patrimonio.

 

Percorrendo a senda fluvial, os visitantes coñecerán parte do valioso patrimonio etnográfico, histórico e natural das parroquias de Leirado, Corzáns, Fiolledo e Oleiros.

 

Un patrimonio composto por igrexas, cemiterios, muíños fariñeiros hidráulicos, pontes, pontellas, lavadoiros e levadas. Algúns tan singulares como o muíño da Ponte, un dos poucos que aínda segue en funcionamento na zona e que conserva as súas dúas moas ou o a igrexa de Leirado que segundo Ávila y La Cueva remonta a súa orixe a un mosteiro templario. Ou elementos tan senlleiros coma a "Canle da Ribeira", un enxeñoso mecanismo para a irrigación dos terreos de cultivo.

 

Por outra banda, os visitantes tamén se deleitarán da frondosa vexetación de ribeira que rodea o río Mendo e coñecerán diferentes usos e lendas asociadas ás diferentes especies de prantas e árbores ligadas a este hábitat.

 

A saída terá lugar as 10:00 horas dende a Igrexa de Leirado e marchará ao carón do río Mendo.

 

Ademais, a Asociación Quinta do Piñeiro que cada ano organiza a festa da Sementeira, tamén lle ofrece a todos aqueles que así o desexen a posibilidade de gozar dun xantar popular composto dun entrante, paella, sobremesa, auga, pan e viño por un prezo de 15 €.

 

O prazo de inscrición para a andaina e o xantar remata o día 14 de outubro e realizarase a través dos teléfonos: 637764865 e 620403366 ou no Facebook:  "Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.