Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 13 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Federación Galega de Comercio entregará en Vigo os Premios Traxectoria do Comercio Galego da provincia

A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria- Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, entregarán hoxe xoves, 13 de outubro, a partir das 20.30 horas no auditorio de Afundación en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 26) os Premios Traxectoria do Comercio Galego, correspondentes á provincia de Pontevedra.

 

Entregaranse un total de 22 distincións. A maior parte corresponderán a empresas comerciais da provincia de Pontevedra con longa e/ou prestixiosa actividade comercial, como son: Relojería González (Vigo), Carnicería Cambeiro (Vigo), Joyería Ramón Fernández (Vigo), Almar (Vigo), Calzados Pedestal (Pontevedra), Guarnicionería Mouriño (Pontevedra), Olbe Textil (Pontevedra), Altamar (A Guarda), Joyería Villar (Cambados), Gosende (Vilagarcía), Manolo da Morena (Lalín), Cociñas Lume (O Grove), Mara Muebles (O Grove), Indalecio Moda (Cangas), Papelería Imprenta Valverde (Tui), A tenda da Loura (Redondela) e Panadería La Junquera (Redondela).

 

Así mesmo, premiarase a persoas e entidades que destacan polo traballo en pro do sector e do asociacionismo comercial e a posta en valor do comercio polo miúdo. Entre as primeiras, recibirá un recoñecemento Encarna Álvarez (El Calvario - Vigo) e Ernesto Filgueira (Zona Monumental de Pontevedra). Finalmente, a Autoridad Portuaria de Vigo, Faro de Vigo e ABANCA, serán as entidades premiadas pola súa aportación ó tecido comercial e asociativo pontevedrés.

 

A entrega dos premios Traxectoria do Comercio Galego correspondentes á provincia de Pontevedra contará coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; e distintas autoridades da vida social, política e empresarial da provincia de Pontevedra.

 

Todos eles acompañarán ó presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López; así como ós presidentes das respectivas asociacións de comerciantes locais e sectoriais, neste acto de recoñecemento e homenaxe a todo o comercio da provincia de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.