GALICIA
O DOG publica hoxe os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán abrir no 2017
Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas destas datas para adaptalas ás súas características.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2017.
Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa serán dez, repártense do seguinte xeito: o 13 de abril, Xoves Santo; o 1 de novembro, Todos os Santos; e o 8 de decembro, día da Inmaculada; ademais do domingo 8 de xaneiro e todos os domingos de decembro: os días 3, 10, 17, 24 (Noiteboa) e 31 de decembro (Fin de ano).
Os dez días foron consultados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coas principais organizacións representativas do comercio galego e dos consumidores
Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.
Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121