Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 14 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A Coral Polifónica Ventos do Val celebra unha nova edición do seu Concerto Coral de Outono

Será o domingo 16 de outubro ás 18.00 horas no Centro das Escravas da Virxe Dolorosa.

A mosense Coral Polifónica Ventos do Val organiza a XVI Edición do Concerto Coral de Outono. Trátase dun evento musical pensado polos seus organizadores como un xeito de achegar a música na vertente do canto coral a todos os amantes do canto polifónico, así coma aos interesados en coñecelo máis a fondo.


O concerto celebrarase o vindeiro domingo, día 16 de outubro, ás 18.00 horas da tarde no auditorio do centro das Escravas da Virxe Dolorosa, en Petelos-Mos. A entrada será libre e de balde para todas aquelas persoas que desexen asistir, xa que Ventos do Val é unha agrupación sen ánimo de lucro.


Neste acto musical participarán, ademais da anfitriona Coral Ventos do Val de Petelos, a Coral Estradense (A Estrada), e o Coro Rocieiro Virxe do Rocío (Calvario-Vigo). Durante o concerto interpretarase un repertorio variado con cancións populares, galegas, habaneras, zarzuelas, e música de moi variados autores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.