O PORRIÑO
Este domingo ‘II Enduro BTT Faro de Budiño’, última proba da tempada
Organizado pola Asociación Deportiva A Forna coa colaboración do Concello do Porriño
![[Img #28142]](upload/img/periodico/img_28142.jpg)
O vindeiro domingo, día 16, se celebra no Porriño o II Enduro BTT Faro de Budiño, organizado pola Asociación Deportiva A Forna coa colaboración da Concellería de Deportes.
Este venres o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, acompañado polo director da proba, Jorge Romero, e o presidente da Comunidade de Montes de Budiño, Luis Martínez, presentou esta competición, a última da tempada do Open Galego.
Manuel Carrera agradeceu a colaboración dos organizadores, dos participantes e da Comunidade de Montes de Budiño por facer posible esta proba que, subliñou, “é unha das citas máis importantes do calendario”. O concelleiro lembrou a vocación deportiva do Porriño, que destaca en distintas modalidades, como amosan os resultados dos seus clubes ano tras ano.
Pola súa banda, Jorge Romero indicou que a proba constará de cinco tramos cronometrados que contará coa participación de destacados especialistas, coma os campións de España Toni Pérez, Máster 30, Desiré Rodríguez, campiona feminina, Óscar Martínez, Open Xtreambike, e Jossé Carlos Táboas, subcampión de Máster 50.
Este II Enduro BTT Faro de Budiño, se desenrolará nun percorrido de 36 quilómetros, que se iniciará ás 9 da mañá en A Forna,sobre un desnivel acumulado de 1.050, como engadiu o concelleiro Manuel Carrera, ex ciclista profesional, quen invitou a todos os amantes do deporte a presenciar esta “espectacular modalidade de ciclismo que está en pleno desenrolo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115