Salud
Arquivada a causa contra o Sergas pola contratación de agullas de insulina
O Xulgado de Instrución nº1 de Santiago vén de arquivar a causa sobre o procedemento de contratación do subministro de agullas de insulina para as estruturas de xestión integradas do Servizo Galego de Saúde.
O auto xudicial recolle que a Administración sanitaria tivo en conta as reclamacións que recibira sobre a calidade das agullas á hora de convocar un novo procedemento de contratación. Neste sentido, tras terse constituído un grupo de traballo técnico, asumiuse a proposta relativa a que nos criterios de selección se outorgase un maior peso á proba do produto por parte dos doentes.
O documento indica tamén que no proceso se consignou, como particularidade, que o grupo para efectuar a avaliación do produto -anteriormente formado por profesionais sanitarios- estaría formado por cen pacientes seleccionados por tres vías: persoas diabéticas contactadas a través dos centros sanitarios, persoal do Sergas insulinodependente e doentes diabéticos contactados a través das asociacións de pacientes.
Así mesmo, o auto indica que se decidiu unha puntuación específica para a valoración da ausencia de efectos adversos derivados do uso da agulla durante o pinchazo. Tamén se estableceu un limiar mínimo de puntuación para continuar no proceso selectivo, de xeito que aquelas agullas que recibisen unha valoración moi negativa na proba de exame do produto quedasen excluídas da licitación, como de feito aconteceu con dúas empresas.
Polo tanto, o Xulgado acordou o sobresemento provisorio e o arquivo da causa.
Proba “falsa”
En todo caso, dende o Servizo Galego de Saúde lamenta profundamente “que se teñan utilizado probas falsas no proceso xudicial da causa sobre o procedemento de contratación de subministro de agullas de insulina, como é o caso dunha imaxe radiolóxica que se achegou como proba, e que foi distribuída tamén aos medios de comunicación polos promotores da denuncia, indicando a existencia de fragmentos de agullas nalgún doente cando, realmente, na imaxe que se estaba a ver eran grampas que habitualmente se utilizan nalgún tipo de intervencións cirúrxicas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101