Nigrán
Un membro do GES de Nigrán participará coma voluntario nun campo de refuxiados en Grecia
Pablo Martínez Lemos, membro do Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor, parte este domingo cara ao campo de refuxiados de Katsikas, en Grecia, onde pasará 8 días. O bombeiro de 36 anos viaxa como voluntario da “Asociación Participa para la Inclusión Social” xunto a unha fotógrafa e outros dous compañeiros da Coruña co obxectivo de traballar na acumulación e distribución de material que dende hai un ano organiza a Agrupación Integral de Rescate e Emerxencias (AIRE) da Coruña. O Concello de Nigrán, na súa política de concienciación social fronte o drama dos refuxiados, participará no proxecto cunha exposición fotográfica ao seu regreso e diferentes acción divulgativas.
Non é a primeira vez que Pablo afronta este tipo de misión solidaria, en 2011 estivo traballando nunha casa de acollida en Etiopía e, ademáis, é experto en casos de emerxencia e discapacidade.
“É un orgullo e unha sorte contar con xente coma Pablo Martínez no GES do Val Miñor, as súas accións o que reflexan é a profesionalidade desta xente que xa día a día, no seu traballo, arrisca as súas vidas polos demáis. Para nos é unha oportunidade marabillosa contar con él para continuar coa nosa política de concienciación social fronte o drama dos refuxiados, por iso desexamos coñecer a súa experiencia a través dunha posterior exposición fotográfica”, sinalou o alcalde, Juan González. “Dende o Consistorio involucrámonos no proxecto de concienciación social ‘BuscandoaBashar’ e queremos continuar, ademáis asumimos a accesibilidade como eixo da nosa política de ‘Un Nigrán para todos’”, suliñou.
“O mundo non se acaba na nosa cidade, hai xente máis alá que vive moi diferente a nos, que sí temos as necesidades básicas cubertas”, reflexionou Pablo, quen comparte o espíritu solidario coa súa familia. “Todos estamos vinculados profesionalmente a temas sociais e, ao mesmo tempo, participamos en proxectos solidarios”, explicou este bombeiro que, recoñeceu, “este tipo de experiencias cambia o xeito de ver a vida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184