Lunes, 26 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O CEIP Fermín Bouza Brey conta cunha nova pista cuberta pero non está operativa

O Portavoz do PP, Salvador González Solla, por unha banda alégrase do remate da pista cuberta do CEIP Fermín Bouza Brey e por outra banda non entende como a día de hoxe os cativos non poidan empregar dita pista.

[Img #28152]

 

Na anterior lexislatura municipal, o goberno do Partido Popular, aprobou por unanimidade o proxecto “Ampliación e Cubrición da pista polideportiva do CEIP Fermín Bouza Brey” con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación Provincial, cun importe de 188.277,02 € adxudicada á empresa ‘Construcciones Unika Proyectos y Obras’. Despois de cumpridos  todos os trámites e requisitos, xa durante o goberno tripartito, por mutuo acordo co actual goberno local, a empresa renunciou a facer esta obra.

 

Para o Portavoz do PP, Salvador González Solla, “tras un ano de retraso o goberno local segue dando mostras da súa nefasta e inoperante xestión e nula planificación, esquecéndose durante meses desta obra tan prioritaria para o conxunto da comunidade educativa do Fermín Bouza Brey, polo que esperaron á Xunta de Goberno do pasado 6 de xuño, preto do remate das clases, na que se aproba o expediente de contratación do proxecto (...) e adxudícase por resolución da alcaldía ben entrado o verán”.

 

Solla explica que “vendo a evolución que estaban a levar as obras, o pasado 2 de agosto puxemos en coñecemento da prensa dito retraso, xa que a obra tería que estar remada para o inicio do novo curso escolar. O tempo deunos a razón, hoxe, a pista segue sen poder ser empregada polos alumnos do centro educativo, a instancias da dirección do centro, pero debido sobre todo aos reiterados desacordos  do goberno local co centro, xa que primeiro deixaron a pasarela perimetral sen pavimentar, a pesar de que o goberno local presumiu da redacción dun modificado do proxecto orixinal que non contemplaba a pavimentación desta pequena área”.

 

O Portavoz do PP asegura que “a dirección e ANPA do centro, ao enterarse deste pormenor, requiríronlle ao Concello que pavimentase esta zona, o Alcalde e a Tenente de Alcalde, botando balóns fóra, negáronse inicialmente a pavimentar esta area, argumentando que non tiñan cartos para a súa execución, aconsellándolles que se dirixan á Xefatura Territorial para que esta a executará”.

 

Xa iniciado o curso escolar, o concello chegou a un acordo co centro educativo para cofinanciar a pavimentación perimetral. O centro mercou o formigón e o Concello puxo a man de obra. Pero ademais, si isto fose pouco, a dirección do centro solicitoulle ao Concello a colocación dunha rede protectora, que a día de hoxe segue sen colocar, razón pola cal as pistas seguen pechadas para seren usadas polos cativos.

 

Dende o Partido Popular de Ponteareas lamentan “este novo retraso e atranco das obras que impiden que os alumnos, a estas alturas xa de curso, non poidan empregar estas pistas cubertas nestes días de choiva, polo que dende o PP denunciamos a incompetencia tanto do Alcalde como da concelleira de Ensino e esixímoslles que dunha vez por todas coloquen a rede protectora cedida pola dirección do centro para que definitivamente os cativos poidan empregar a pista”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.