Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación adxudica o contrato para a implantación da administración electrónica nos concellos da provincia

AULOCE S.A. será a encargada de dar solución de administración electrónica nos concellos de menos de 50.000 habitantes

[Img #28169]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do procedemento aberto relativo a un acordo marco que rexerá a prestación do servizo para a implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para concellos. A empresa AULOCE S.A. será a encargada de impulsar a posta en marcha da administración electrónica nos concellos de menos de 50.000 habitantes.

 

“Nestes últimos meses -tal e como manifestou a Presidenta da institución provincial, Carmela Silva- a Deputación de Pontevedra levou a cabo un proceso de implantación da administración electrónica nos seus centros de traballo, segundo o disposto na Lei 11/2007 de 22 de xuño de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos. Con este contrato, que ascende a 847.000 €, o que pretende a institución provincial é dar servizo ós concellos da provincia que, debido ó seu tamaño e ó custe desta actuación, non contan cos recursos suficientes para levar a cabo a adaptación e dar cumprimento á lexislación”.

 

A través deste contrato, a Deputación de Pontevedra impulsará solucións de administración electrónica para que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada así como un portal de tramitación para os seus traballadores que permita a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.