Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño acolle dúas novas exposicións de fotografía

Macro e auga’ do fotógrafo porriñés Juan Carlos Giráldez, e ‘As nenas e nenos soldado’ do senegalés Momar Badiane, no centro cultural municipal

[Img #28170]

 

Este mércores, día 19 ás 7 e media da tarde, inaugúrase no Centro Cultural Municipal a exposición fotográfica “Macro e auga”, obra do fotógrafo Juan Carlos Giráldez, da parroquia de Atios.

 

Juan Carlos Giráldez recoñécese especialmente apaixonado pola fotografía macro, que ofrece a posibilidade de destacar o máis imperceptible detalle de plantas, insectos, obxectos… A escala ampliada do obxecto/suxeito retratado, consegue centrar a atención naqueles elementos que habitualmente pasan desapercibidos a simple vista.

 

Asimesmo, dende ese mesmo día, e tamén no Centro Cultural Municipal, e co respaldo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ábrese a exposición “ As Nenas e Nendos Soldado’ de Momar Badiane.

 

Momar Badiane, nacido no barrio de pescadores Yoff Tonghor, a 15 km da capital de Senegal, Dakar, é pintor, escenógrafo, deseñador gráfico e debuxante comprometido co seu tempo. A través da súa pluma, fala do seu mundo. E nesta perspectiva, Badiane elabora a súa exposición ‘As nenas e nenos soldados’ para denunciar unha das prácticas mais inhumanas que existen dentro dos conflitos armados, principalmente dende a súa óptica africana.

 

Na súa obra, este artista e artesán, que comparte coa cidadanía galega a súa mirada e preocupación polo sufrimento do seu propio pobo, ofrece unha denuncia e reflexión inspirada nas situacións mais problemáticas, como é a das nenas e nenos combatentes.

 

A exposición ‘As nenas e nenos soldados’, de Momar Badiane, é unha denuncia sobre unha triste realidade, a da utilización de menores de idade nos conflitos armados, que segue a estar presente en aproximadamente 18 países, entre eles Siria, República Centroafricana, Burundi, Colombia, Costa de Marfil, Malí, Nixeria, Birmania, Afganistán, Chad, Líbano, Somalia, Sudán do Sur ou Filipinas, entre outros, e que son vítimas das guerras civís e de diversos enfrontamentos bélicos. Todo isto sen excluír o recrutamento de nenas para fins de explotación sexual e laboral.

 

Segundo diversas ONGD, a utilización de infantes por parte de exércitos, milicias e grupos armados clandestinos e irregulares, achégase aproximadamente a 250.000 menores de idade, e obedece principalmente a factores determinados pola dinámica do conflito, tomando en conta a vulnerabilidade psicolóxica das e dos pequenos, principalmente pola súa facilidade para o cumprimento de ordes e adoutrinamento, así como para labores de vixilancia, mensaxería e incluso espionaxe. Esta crúa realidade ofrece unha perspectiva dantesca, na que as nenas e nenos vense imposibilitados para acceder á educación, pervertendo a súa formación a través do cometido de atrocidades e sendo recrutados pola forza, baixo ameazas de morte.

 

No 2000, a ONU, apoiada por unha campaña dirixida pola Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados, adoptou un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos, así como a obriga por parte dos Estados de proporcionar rehabilitación e axuda para a reinserción das e dos ex nenos soldados. Ata hoxe, este tratado foi ratificado por 120 países. O 12 de febreiro é considerado como o Día Internacionalcontra a Utilización das Nenas e Nenos como Soldados.

 

Como actividade complementaria a esta exposición, o Fondo Galego de Cooperación ofrece unha charla informativa sobre a problemática das nenas e nenos dentro dos conflitos africanos. Esta charla está programada para o día 21 de outubro, ás 20:00 h. no Centro Cultural Municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.