Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 18 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Os maiores de Mos póñense ao día en texnoloxía

Tras o éxito acadado na primeira edición, a concellería de Participación Cidadá repite o curso para maiores sobre o uso de smartphones, incluíndo nesta ocasión un grupo de perfeccionamento

[Img #28172]

 

Tras o rotundo éxito acadado no pasado curso, a acción formativa ‘Coñece o teu móbil’ para maiores do Concello de Mos, inicia a súa segunda edición coa principal novidade de que nesta ocasión conta con dous grupos: un de iniciación e outro de perfeccionamento.

 

Trátase dunha actividade totalmente gratuíta para os participantes, que son persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos.

 

O grupo de iniciación recibirá clases ata o día 20 de decembro. En horario de martes e xoves de 11.30 horas a 13.00 horas. Neste grupo participan un total de 15 alumnos/as.

 

O grupo de perfeccionamento terá clase ata o 21 de decembro. En horario de luns e mércores de 11.30 horas a 13.00 horas. Este grupo está integrado por un total doutros 15 maiores mosenses. Polo tanto, son 30 en total os alumnos/as da iniciativa ‘Coñece o teu móbil’. Iniciativa organizada e desenvolvida nas instalacións do centro Multiusos das Pozas pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón.

 

 

Obxectivos do curso

 

 

Entre as persoas de maior idade hai dous grandes mitos asociados ao uso de teléfono móbil: o primeiro  que eles non precisan estes aparatos porque nunca antes os empregaron, e o segundo, que debido a súa complexidade, non van a saber como usalos. Ambas crenzas son totalmente infundadas, xa que os terminais móbiles ofrecen numerosas prestacións para os maiores, e tamén son cada vez máis fáciles de utilizar.

 

Por si todo isto fose pouco, os teléfonos móbiles tamén dan solución a dous dos principais temores das persoas da terceira idade. Un é a soidade -un porcentaxe moi elevado de persoas maiores viven e se senten soas-, asociado sobre todo á distancia dos seus seres queridos, e o outro é o medo a que lles suceda algún imprevisto -como un accidente doméstico, por exemplo- e que ninguén poida asistilos a tempo.

 

O feito de contar cun teléfono móbil a man permite liquidar ambas preocupacións, xa que cun aparato de este tipo os maiores poderán manterse en contacto cos seus familiares mediante varias vías: Skype, WhatsApp, Viber…

 

Por todos estes motivos, o proxecto ‘Coñece o teu móbil’ é un taller educativo concibido para que as persoas maiores participen plenamente na Sociedade da Información, e como consecuencia, melloren sensiblemente a súa calidade de vida grazas ó uso cotiá das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

 

Neste sentido, ademais de proporcionar calidade de vida as persoas maiores, as novas tecnoloxías poden favorecer a súa comunicación e relación co entorno, evitando unha clase de exclusión que presenta nos nosos días a alfabetización dixital, e que incide neste colectivo de maneira importante.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.