Nigrán
Nigrán Decide presenta un Plan de Control de Vertidos no Litoral
Aseguran que o goberno municipal "ocultou" os vertidos ao litoral causaron que este verán estivese durante uns días prohibido o baño
![[Img #28173]](upload/img/periodico/img_28173.jpg)
Dende Nigrán Decide aseguran que “os vertidos ao litoral causaron que este verán estivese durante uns días prohibido o baño pola Consellería de Sanidade nunha zona de Nigrán. O goberno municipal, nunha actitude irresponsable, ocultou esta información, poñendo en risco a saúde da veciñanza”.
O grupo municipal conscientes “da necesidade de manter en perfecto estado de limpeza e salubridade as praias de Nigrán como lugar para o lecer e fonte de riqueza e xeración de emprego” vai presentar unha moción para desenvolver un plan de control de vertidos no litoral de Nigrán, pois “a pesar de que o noso grupo leva solicitando ao goberno municipal desde principios deste ano que establecese dito plan, ademais de sinalarlle a existencia de numerosos desaugues que botan auga que sospeitabamos contaminada, o problema da contaminación no litoral de Nigrán non desapareceu”.
De feito, este verán, como “consecuencia da existencia de vertidos ilegais, estivo prohibido o baño durante uns días nunha zona de Nigrán, información que o goberno municipal, poñendo en risco a saúde da veciñanza, ocultou nunha actitude irresponsable, ao non sinalizar a recomendación de non bañarse temporalmente”. Ademaios lembran que “na actualidade descoñécense as causas que motivaron dita contaminación”.
José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, ten sospeitas de que “non é a primeira vez que acontecen feitos como estes, pois, do mesmo xeito que neste ano a Xunta de Galicia non fai públicos, na súa páxina web, os resultados das análises que motivaron a prohibición do baño, na publicidade que obrigatoriamente ten que facer o Ministerio de Sanidade tampouco figuran a totalidade dos resultados das análises feitas en Nigrán nos anos 2014 e 2015; para finalizar indicando que os problemas non deben ser ocultados, pois se o risco do que foi advertido o concello chega a materializarse en dano á saúde das persoas, o prexuízo para a imaxe de Nigrán sería irreversible”
Aseguran que até o de agora, “a única actuación coñecida do Goberno Municipal foi o descubrimento, por casualidade”, do vertido que producía o Centro da Terceira Idade, “facendo caso omiso a todos os rogos que lle fixemos no pleno para a elaboración dun plan de control de vertidos ou para fiscalizar o mantemento da rede de saneamento. Tal é a deixadez do goberno municipal que, despois de contestarnos no pleno de setembro do ano 2015 que ían fiscalizar o mantemento da rede de saneamento, un ano máis tarde descoñecen os plans de mantemento de dita rede”.
En concreto, a moción que presenta NIGRÁN DECIDE, para ser debatida no próximo pleno, pedirá que se cumpra o Decreto 141/2012 polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, por parte da entidade xestora e das persoas usuarias que non teñan sistemas propios de tratamento das augas residuais, un control regular, real e efectivo do mantemento da rede de saneamento por parte do Concello, un programa de análises das canles e zonas de baño de Nigrán, así como de todos aqueles vertidos que hai en Nigrán; un programa periódico de inspeccións sobre aqueles vertidos ao litoral ou os ríos, unha investigación pública das características, do funcionamento e do uso da EDAR de Nigrán dende a súa entrada en funcionamento ata hoxe e, sobre todo, na última década.
Para finalizar van a pedir que “se establezan cantas medidas sexan necesarias para a detección e control dos vertidos que se poidan realizar a partir da rede de saneamento, como por exemplo a partir dos aliviadoiros dos correspondentes sistemas de bombeo instalados no concello de Nigrán”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184