Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 18 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O programa “Conectadas 2016” inicia 24 novos obradoiros en 20 concellos da provincia

A iniciativa de Igualdade ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres e mellorar a súa formación básica

[Img #28176]

 

O programa de Igualdade “Conectadas 2016” levará a cabo 24 novos obradoiros repartidos entre os seguintes 20 concellos da provincia: Baiona (conservación de alimentos, conservas artesanais), Barro (tapas, petiscos e canapés), Caldas de Reis (cociña: menú diario), Cambados (cociña e alimentación: hábitos saudables), Crecente (zumba), A Estrada (cociña: menú diario e intelixencia emocional), Meaño (cestaría), Meis (conservación de alimentos, conservas artesanais), Mos (pilates), Oia (percusión e canto e risoterapia), Pontevedra (ioga), O Porriño (pilates e arte floral: ornamentación), Rodeiro (pilates), Salvaterra de Miño (cestaría), Sanxenxo (ximnasia de mantemento e poda e tarefas do campo dende a sustentabilidade), Tui (pastelaría e repostaría creativa), Vigo (pilates), Vila de Cruces (zumba), Vilagarcía de Arousa (conservación de alimentos, conservas artesanais) e Vilanova de Arousa (cociña: menú diario).

 

Estes obradoiros do programa elaborado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra recollen temáticas moi diversas, que van dende as actividades físicas (zumba, ioga, ximnasia de mantemento), pasando pola artesanía e manualidades (traballos en tea, coiro, madeira e outros; costura creativa; iniciación á costura) ou a alimentación (conservación de alimentos, conservas artesanais; cociña e alimentación: hábitos saudables; tapas, petiscos e canapés), así como alfabetización dixital (fotografía e edición) e psicoloxía (risoterapia, mindfulness), entre outros.

 

Lembramos que “Conectadas 2016” ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Faino mediante accións formativas e coa incorporación de maneira transversal dos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos eidos persoal, laboral e familiar. Ademais, tamén pretende contribuír á mellora da empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, reducindo a brecha dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías.

 

As actividades estanse a realizar ao longo de 60 concellos da provincia e son máis de 5.000 alumnas e alumnos os que se beneficiarán en total do programa. Cada un dos cursos ten unha duración de 35 horas e precisa un mínimo de 15 persoas participantes, organizándose en grupos de entre 20 e 25 persoas como máximo e con preferencia ás mulleres. Só un 25% das prazas se reservan para homes, agás no caso dos cursos relacionados coa cociña e alimentación, onde a distribución de prazas está a ser mixta.

 

“Conectadas 2016” é unha iniciativa desenvolvida polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Esta área, que se creou por primeira vez esta lexislatura, ten como finalidade funcionar non como un departamento independente, senón integrado nas distintas áreas da institución provincial para implantar criterios de Igualdade entre mulleres e homes en todas as iniciativas que se desenvolven dende a institución provincial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.