Salceda de Caselas
Aberta a licitación dos postos da Praza de Abastos
![[Img #28177]](upload/img/periodico/img_28177.jpg)
O Concello de Salceda de Caselas ven de abrir o prazo para solicitar a concesión de un posto na Praza de Abastos Municipal. As bases contemplan a concesión de 14 postos de venta, un bar e 24 bancadas para a venta de peixe fresco. Nos catorce postos de venta poderanse optar a espazos destinados a carnicería (4), peixería (2), ‘delicatessen’, quiosco, chacinería, aves e ovos, florería, panadería, froitería e venta de bacallau.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 3 de novembro. A concesión farase por un período de vinte anos que se poderá prorrogar en cinco anos máis.
No afán de dinamizar o mercado ofrecendo novos servizos, creouse tamén a zona de cafetería que agora sae a concurso, con servizo tanto ao interior como ao exterior do edificio, que contará con autonomía propia de funcionamento, independentemente do propio mercado.
Loli Castiñeira destacou a “absoluta transparencia e igualdade de oportunidades coa que se realiza este procedemento, que nace como un novo proxecto de revitalizar a praza e dotala de todo o seu potencial como centro de venta de productos frescos da máxima calidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149