Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 20 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva subliña colaboración co concello de Soutomaior para valorizar o castelo

O alcalde Agustín Reguera alaba o proxecto da Deputación de Pontevedra para poñer en valor as instalacións e os xardíns do entorno.

[Img #28180]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva destacou a  colaboración co concello de Soutomaior e o seu alcalde, Agustín Reguera, co cal mantivo unha xuntanza, para poñer en marcha o proxecto de valorización do castelo de Soutomaior.

 

A Presidenta adiantou que antes de final de ano é moi probable que se poidan presentar as tres rotas deseñadas e elaboradas para recorrer o conxunto do castelo e todo o seu entorno, “que presentaremos unha vez este concluída a sinalización e balizamento das mesmas e que permite coñecer a totalidade das instalacións”.

 

Ao respecto o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu o traballo feito no proxecto de valorización do castelo e á propia Presidenta da Deputación xa que se trata de algo que vai a ser bo para todo o concello.

 

Para o próximo ano, tanto Carmela Silva como Agustín Reguera, coincidiron  en comezar a traballar cara a poñer en marcha o proxecto de musealización do castelo ademais de aumentar o número de visitas teatralizadas e de personaxes que participan nelas, dada a  grande demanda de persoas que queren participar.

 

A aposta da Deputación de Pontevedra co castelo é convertelo nun espazo de atracción turística na nosa provincia cun espazo adicado ao ocio familiar. O proxecto contempla melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal; enriqueceranse os cultivos; dotarase de accesibilidade e mobilidade ó recinto; completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas  dos principais produtos da zona como castañas, uva ou camelias, entre outros.

 

Carmela Silva destacou o grado de colaboración co alcalde de Soutomaior ao que agradeceu todas as súas aportacións ao plan director, como a ampliación dun dos sendeiros ate a “Silla da marquesa”  ou como o maior valor a musealización do castelo.

 

Por último, sinalar que o concello de Soutomaior ten recibido ao longo deste ano 2016 un total de axudas de 607.929,05 euros en diversas partidas para infraestruturas, emprego, entidades e asociacións. En concreto, dentro do Plan Concellos recibiu a cantidade de 474.169,81 euros xa transferido na súa totalidade; en axudas de cultura a cantidade de 9.127,12 euros; na área de cohesión social e xuventude, 42.850,12 euros; en deportes, 8.808 euros; en emprego, 24.487 euros; e en igualdade a cantidade ascende a 43.487 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.