Galicia
A Xunta retira preto de 1.600 caixas de expedientes dos Xulgados de Vigo
O proceso de expurgo se está a levar a cabo de xeito progresivo en toda Galicia e a provincia de Pontevedra é un dos sitios onde vai máis avanzado
![[Img #28189]](upload/img/periodico/img_28189.jpg)
A Xunta iniciou onte a retirada de 1.584 caixas de documentación xudicial para trasladalas ao Arquivo Xudicial Territorial situado no edificio administrativo de Pontevedra. En concreto, entre onte e hoxe, mércores, trasladaranse 798 caixas do xulgado de Instrución número 5 de Vigo e 786 dos xulgados do social.
Hai que ter en conta que a Xunta leva trasladadas máis de 13.000 caixas ao depósito habilitado no Edificio administrativo de Campolongo para actuacións relacionadas coa organización dos arquivos xudiciais e o expurgo, ás que agora se suman estas preto de 1.600 novas caixas.
A documentación permanecerá gardada neste depósito á espera de que a Xunta de Expurgo determine a súa eliminación definitiva ou a conservación naqueles casos nos que esteamos a falar de documentos con interese histórico.
A Dirección Xeral de Xustiza está levando a cabo diversas iniciativas para desconxestionar os arquivos xudiciais. Entre estas actuacións destaca a habilitación deste local en Pontevedra, no edificio da delegación Territorial da Xunta, en Campolongo, que conta con preto de 500 metros cadrados e unha capacidade para unhas 25.000 caixas de expedientes.
Pontevedra, a provincia máis avanzada
O proceso de expurgo é unha firme aposta do actual Goberno e que se está a levar a cabo de xeito progresivo en toda Galicia, sendo a provincia de Pontevedra un dos sitios onde vai máis avanzado.
Tratase dun proceso complexo e laborioso que non sería posible sen a colaboración dos distintos axentes xudiciais, especialmente dos funcionarios dos distintos xulgados que teñen realizado o traballo previo de gravame dos expedientes.
Entre as súas vantaxes, destacan as de gañar un espazo moi necesario nos saturados edificios xudiciais, mellorar o arquivo dos documentos e salvagardar o patrimonio galego recuperando expedientes históricos de gran interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101