Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

A partir do luns comeza a funcionar o transporte municipal en Mos

O vindeiro luns, 24 de outubro, comezan a operar os buses urbanos que interconectarán as dez parroquias entre sí e coas paradas do transporte metropolitano

[Img #28194]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mobilidade, Kely Monzón, informaron onte de que, unha vez rematado o procedemento de contratación e adxudicada a concesión do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros do Concello de Mos, este comezará a operar o vindeiro luns, 24 de outubro.

 

De cara á fin de semana todos os veciños/as mosenses irán recibindo nos seus respectivos domicilios por correo postal un folleto informativo no que se detallan as liñas do transporte municipal con tódolos seus horarios, frecuencias e paradas.

 

O período de contratación da empresa concesionaria, Autos Lar, será dun ano.

 

A idea de facer a concesión do servizo por un ano é para ver como funciona e se son moitos os pasaxeiros.

 

O servizo municipal de transporte conta cun regulamento aprobado por unha Comisión de Estudo integrada por representantes de toda a Corporación Municipal, no que se establecen, entre outras directrices de funcionamento, os dereitos e deberes dos usuarios do mesmo, as características que deben ter os autobuses que prestan o servizo, condicións de accesibilidade, etc.

 

As rutas e horarios deseñados poderán ser modificados pola administración local como considere segundo se vaian perfilando as necesidades do servizo unha vez este bote a andar. Esta posibilidade de modificación ven xa estipulada no regulamento aprobado pola Comisión de Estudo.

 

O estudo económico de costes do transporte municipal está estimado nuns 45.000 euros anuais polo departamento municipal de Intervención, aínda que para establecer os costes reais hai que esperar a coñecer o volume real de usuarios do servizo e, en función dos mesmos, os ingresos anuais que lle reportará á empresa concesionaria a prestación do servizo en Mos. Ditos ingresos calculáronse agora en base a unha estimación media de 7.000 euros/ano.

 

A tarifa establecida para o billete do transporte urbano mosense será a máis simple: 0,85 euros. Será un billete único e os usuarios non terán que volver a pagar durante unha hora aínda que fagan transbordo a outra liña tanto do transporte urbano como do interurbano a outros municipios da Área Metropolitana.

 

Detalles do servizo de transporte municipal

 

O proxecto de transporte municipal do Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas (Liña C1 verde e Liña C2 azul) que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do transporte metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións.

 

Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia veciñal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.

 

O transporte municipal consta dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace e/ou zonas de intercambio co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da Área Metropolitana. Deste xeito garántese a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.