O PORRIÑO
A alcaldesa asina o convenio coa Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
![[Img #28210]](upload/img/periodico/img_28210.jpg)
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, Carmen Rodríguez, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre o Concello e a entidade veciñal.
O devandito convenio permitirá á Asociación sufragar parte das actividades que impulsa ao longo do ano, e que van dende iniciativas culturais, como o Certame de Literario Manuel Otero Saavedra, que aínda está aberto para a entrega de orixinais, a visita á Ribeira Sacra ou o programa de cine nos barrios; iniciativas relacionadas co benestar e a natureza, coma a Andaina Saudable ou a Feira Ecolóxica do pasado mes de abril, e proxectos coma a Festa do Chouipán ou, o vindeiro día 5 de novembro, o Calacú que entre outras propostas ten planificada unha serie de talleres de cabazos.
García de la Torre agradeceu á Asociación de San Benito e San Sebastián todo o traballo que desenrola “en beneficio das veciñas e veciños desta parte do concello e de todos os porriñeses en xeral”, amosou a súa admiración polo dinamismo, a imaxinación e a orixinalidade de todas as súas iniciativas e comprometeuse a duplicar, o ano que ven, a cantidade que o Concello aporta á asociación.
A alcaldesa lembrou que no que vai deste ano, o Concello aprobou un orzamento total de preto de 90.000 € para beneficiar a un total de dezaseis asociacións, colectivos e entidades veciñaís e, sobor de todo, culturais do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191