PONTEAREAS
Ponteareas intégrase no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Aportará ao ano 1.734 euros para proxectos de cooperación e actos de sensibilización por toda Galicia.
Ponteareas formaliza o seu ingreso no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha rede na que se integran máis de 80 municipios e dúas deputacións que concentran os seus esforzos en prol da cooperación internacional. Tanto o alcalde Xosé Represas como o concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Troncoso,vdestacaron que esta adhesión enmárcase nas actuacións municipais que teñen como denominador común a igualdade e a solidariedade.
En base a súa poboación, Ponteareas vai achegar ao ano una cota anual de 1.734 euros, que serán investidos tanto en accións de cooperación internacional como en actividades de sensibilización en Galicia. A adhesión acordouse no pleno de outubro e a ela sumaranse outras accións xa sexan por iniciativa do Goberno como o en colaboración con outras entidades.
Represas apunta que "o Concello volve a sumarse a este tipo de iniciativas", e engade que "a aposta polas políticas sociais que demostra o Goberno municipal amplíase coa nosa integración no Fondo Galego de Cooperación".
Os concellos que se integran nesta entidade teñen acceso a actividades como contacontos, exposicións ou concertos, que serven para promover a defensa dos dereitos humanos. No referente ás accións nos países do Sur, o Fondo Galego está apoiando un proxecto a favor da saúde infantil e materna en Mozambique ou a reconstrución dun centro sanitario danado polas inundacións do outono pasado nos campamentos saharauís, entre outras iniciativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184