Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 21 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán emprende dende esta semana as actividades culturais do curso 2016/17

Un total de 130 persoas comezan a partir de hoxe as clases de cerámica, pintura e música.

[Img #28216]

 

O Concello de Nigrán inicia esta semana as actividades culturais do curso 2016/17, ás que asistirán un tal de 130 alumnos de tódalas idades ao longo de 8 meses. Paralelamente, no eido das deportivas, comeza xa taekwondo e tenis e nos vindeiros días se sumarán progresivamente (conforme vaia rematando o proceso de contratación pública dos monitores, xa na última fase) ximnasia de mantemento, ioga, ximnasia da terceira idade, aerobic, patinaxe e tai-chi, para as cales hay 334 anotados. En total, 464 persoas se inscribiron este ano á oferta de ocio do Concello de Nigrán, sendo tenis e patinaxe as máis demandadas, con 79 e 60 inscritos respectivamente, e no eido cultural cerámica con 50 e música con 46. Precisamente, nesta última actividad os asistentes mudan a ubicación da Escola Infantil de Camos polo Auditorio Municipal, "recinto que reúne mellores condicións", indica o alcalde, Juan González.

 

 

 

 

No eido das deportivas arrancou taekwondo e tenis e as restantes  iniciaranse progresivamente, darcordo ao proceso de contratación pública dos monitores

 

 

 

 

Coma o ano anterior, o goberno local aposta por actividades 100% públicas, xestionadas dende o Concello, e cun abanico amplo de oferta que poida satisfacer ao maio número de persoas  de tódalas idades a un prezo moi popular, de feito, como novidade este curso, os prezos públicos se manteñen coma sempre pero incorporando descontos sociais do 25% (o prezo xeral é 80 euros no caso das deportivas, 77 euros para música e pintura e 83 euros para cerámica). Igualmente, os empadroados en Nigrán tiveron prioridade á hora de apuntarse e, independentemente da data de comezo de cada actividad, a duración será sempre de 8 meses.

 

"O ocio é calidade de vida e dende o Concello queremos ofrecer aos nosos veciños unha ampla oferta deportiva e cultural sin que o prezo público supoña un inconvinte. Damos o máximo valor a estas actividades e seguiremos apostando por manter todas elas e reforzalas", resume  González.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.