Viernes, 02 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 21 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves actualiza os seus medios audiovisuais e de son

As melloras inclúen equipamentos para o auditorio e tamén para o exterior.

[Img #28218]

 

O Concello das Neves ven de rematar a adquisición e colocación de novo equipamento audiovisual e de son no Auditorio Municipal. Tamén contará con materiais para eventos no exterior ou noutras instalacións.

 

No Auditorio Municipal instalouse un novo proxector, unha mesa para o control da nova iluminación escénica, unha mesa para o control do son, etapa de potencia, equalizadores, P.A., subwoofers e novos micrófonos con toda a instalación precisa e coas últimas tecnoloxías.

 

O Alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, salienta que se afrontou a renovación de equipos antigos, desfasados e que xa non cumprían coas necesidades do departamento de Cultura que leva revolucionado As Neves no seu ámbito coa posta en marcha de diversos ciclos culturais, como son, Outono de Teatro, Cinema de Inverno e Primavera de Música.

 

Ademáis cos equipamento para o exterior, o Concello avanzará nas posibilidades de descentralización levando con máis facilidade os eventos as parroquias.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.