PROVINCIA
Carmela Silva anuncia un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios para cederlles unha oficina no viveiro de Barro-Meis
A Presidenta de AJE subliña que en 26 anos de funcionamento é a primeira vez que se atopa un apoio similar.
![[Img #28221]](upload/img/periodico/img_28221.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou esta semana a cesión gratuíta dun espazo no viveiro de Barro-Meis tras manter unha xuntanza coa presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Lucía Pedroso.
Esta cesión do espazo para desenvolver un proxecto empresarial, que aínda está por definir si será unha oficina ou unha das naves, formalizarase mediante un convenio de colaboración entre AJE e a Deputación de Pontevedra, co que preténdese apoiar a cultura do emprendemento entre os xóvenes.
Carmela Silva subliñou que con este convenio a Deputación quere potenciar a cultura de emprendemento entre a poboación máis xoven xa que “as administracións debemos ser vehículos para que entidades como AJE, que son creadoras de riqueza e de tecido empresarial na nosa provincia, podan desenvolver o seu traballo”.
Pola súa banda, Lucía Pedroso agradeceu a disposición da Presidenta da Deputación de Pontevedra a colaborar con AJE e gran receptividade mostrada coa asociación para apoiar todas as iniciativas. “En 26 anos que leva funcionando AJE é a primeira vez que firmamos un convenio como este da Deputación e consideramos moi importante que as administración apoien os proxectos de emprendemento como é este caso”.
Na xuntanza de hoxe, a presidenta de AJE, aproveitou para presentarlle a Carmela Silva o “Premio Xoven Empresario do Ano”, que xa vai pola súa vinte unha edición e que serán entregados o próximo 11 de novembro.
Pedroso destacou que este espazo cedido pola Deputación de Pontevedra no viveiro de Barro- Meis vai ser un dos premios que AJE entregará nalgunha das distintas categorías do premio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149