Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 23 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Multiusos de Mos obxecto dunha mellora integral da súa cuberta

As obras, que estarán rematadas antes de fin de mes, resolven os problemas de filtración de auga.

[Img #28250]

 

O edificio Multiusos das Pozas e está a ser obxecto de obras de arranxo e mellora da súa cuberta, tal e como  informaba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.


O Multiusos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos; requería dunha reforma integral da súa cuberta por sufrir filtracións de auga.


Os traballos de optimización, que estarán rematados antes de finais do presente mes de outubro, son posibles grazas a un convenio de colaboración entre a administración local mosense e a Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, que financia este proxecto cunha contía de 18.000 euros.


A obra consta da instalación dunha solución de chapa nervada galvanizada con acabado lacado disposta sobre rastreles, reforma das canles de recollida das augas e remates perimetrais sobre os muros, tamén de chapa galvanizada, con acabado lacado de cor gris, todo sobre a cuberta existente. A realización das referidas obras suporá unha mellora na eficiencia enerxética do edificio debido a que se reducirá a demanda enerxética de calefacción do mesmo.


O convenio, asinado pola rexedora local mosense e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dá resposta á necesidade exposta polo Concello de Mos de executar o devandito proxecto para resolver os problemas de filtracións a través da cuberta do corpo do auditorio.


Os asentamentos diferenciáis do edificio, o tempo transcorrido dende a súa construcción e as deficiencias na estrutura provocaron danos causados pola entrada de auga ao interior do edificio. Coa intervención que se está realizar resólvense os problemas de filtracións descritos, a través dunha solución bastante económica pero que á vez evita danos maiores na cuberta.


Esta obra de reforma responde á razón de interese público por tratarse o Multiusos dun edificio no que se desenvolven un gran número de actividades e actos divulgativos, culturais, espectáculos e actividades recreativas, exposicións, ademais de albergar dependencias municipais da concellería de Educación e Participación Cidadá e da OMIX e acoller as oficinas de ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos.


Pola súa banda, esta actuación resulta de interese para a Xunta de Galicia porque supón a potenciación e apoio á prestación de servizos por parte do Concello, administración máis próxima aos cidadáns.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.