MOS
Arranxados os desperfectos dos temporais en Guizán
Os traballos na parroquia de Tameiga iniciaranse de cara a finais de mes.
![[Img #28252]](upload/img/periodico/img_28252.jpg)
Dous camiños na parroquia de Guizán foron reparados e mellorados estes días grazas a un convenio de colaboración do Concello de Mos coa consellería de Medio Rural para a realización de obras de infraestrutura rural que subsanan os desperfectos dos temporais do pasado inverno.
Visitaron as obras, prácticamente rematadas, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso.
Trátanse de actuacións no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para as que a Xunta de Galicia achegoulle á administración local mosense preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente).
Arévalo, rexedora local mosense, apuntou que “dita axuda aplícase con cargo ó Plan de Emerxencias da consellería do Medio Rural para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais; e grazas a este fondos aportados pola Xunta, púidose pavimentar, afirmar e mellorar ambos viais”.
Os traballos nestes dous viais realizáronse en base a proxectos que promovían a dinamización da base produtiva do medio rural desta zona, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside na parroquia de Guizán e contribuíndo a fixar a poboación nela.
As obras realizadas nos camiños de Carballo do Monte e Cabo da Vella ían destinadas a optimizar o servizo público dos mesmos, que redundará na mellora do tránsito rodado por estes viais e o incremento da seguridade viaria tanto para condutores coma para peóns.
Tameiga
Por outra banda Arévalo anunciou que se levará a aprobación á Xunta de Goberno Local desta semana, que se celebrará o venres 21 de outubro, a proposta de adxudicación para a contratación da obra de reparación dos danos producidos polos temporais de xaneiro e febreiro na Estrada da Vía e no Camiño de Bosende, ambos viais na parroquia mosense de Tameiga. Polo tanto, estímase que os traballos nas devanditas estradas poidan iniciarse de cara a finais deste mes.
É a Dirección Xeral de Administración Local (dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) a que financia estes traballos cuns 180.000 euros, que se suman ós preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente) da consellería de Medio Rural para realizar actuacións no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para subsanar os danos do temporal na parroquia mosense de Guizán. Con estes 240.000 euros que entre as consellerías de Presidencia e Medio Rural destinan a Mos, quedan resoltos os danos máis graves e urxentes do temporal do pasado inverno.
Respecto destes traballos, a rexedora local mosense declara que “unha vez máis queda demostrado que quen resolve é a Xunta de Galicia, pois é a única administración que se está a facer cargo dos desperfectos causados polos temporais en Mos”, di. E explica que “a única realidade é que a solución dos problemas en Mos chega soamente da man dos gobernos local e autonómico, e grazas á súa xestión”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60