Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 23 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 1.400 persoas de 14 concellos da provincia participarán esta fin de semana no programa “En ruta coa Depo”

En total 19.000 persoas gozan, a través desta iniciativa, de alternativas de lecer dinámico e saudable para coñecer lugares emblemáticos da provincia.

[Img #28271]

 

“En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar preto de 1.400 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Cerdedo, Lalín, Baiona, Salceda de Caselas, Cangas do Morrazo, O Grove, Catoira, A Estrada, Pontevedra, Mos, Vigo, Moaña, Tui e Nigrán.

 

En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación de Maiores Contamos de Cerdedo; a Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural e Asociación de Veciños San Xoan de Vilanova de Lalín; a Asociación de Amas de Casa de Baiona; a Asociación de Xubilados e Pensionistas, A Asociación MMRR Caselas e a Asociación de Veciños/as Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas); a Asociación de Veciños Terra da Laxe de Pinténs e Juan XXIII Centro Cangas (Cangas do Morrazo);  ASXUPEN e a Confraría de Pescadores San Martín do Grove; a Asociación de Amas de Casa “Muíños do  Vento” de Catoira; a Asociación de Veciños Decoita de Riobó e de San Brais de Vinseiro da Estrada; a Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente de Pontevedra; A.R.C. de Guizán de Mos; a Asociación Gallega de Amigos del Rocío de Vigo; o Club de Xubilados Santa Eulalia de Meira de Moaña; a Asociación Cultural Santiago de Malvas de Tui e a Fundación Menela de Nigrán.

 

Estas asociacións realizarán rutas polo concello do Grove, con paseo en barco pola ría de Arousa; visitarán o concello de Pontevedra e edificios da Deputación Provincial; percorrerán Barro, Portas e Caldas de Reis; achegaranse ó conxunto histórico de Cambados, percorrendo a senda fluvial do río Umia en Ribadumia e unha adega; visitarán o concello da Guarda e Tui; percorrerán a Illa de San Simón e Redondela; achegaránse ás Illas Cíes e o casco vello de Vigo; realizarán rutas por Catoira, Cuntis e Vilagarcía de Arousa; visitarán os atractivos turísticos do concello de Silleda; percorrerán os museos, Pazos e complexos arqueolóxicos e etnográficos de Lalín e achegaranse ata a Illa de Ons, Pontevedra e Marín, visitando Apípolis, a Granxa de Briz e o Lago Castiñeiras.

 

“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 18.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.