Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 26 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Empeza o ‘Outono Cultural’ do Porriño, con máis de trinta propostas para todas as idades

Exposicións, colocación de ‘Calacús’ dende Praza de  Antonio Palacios ata o barrio de San Sebastián, a Festa do Samaín, concertos, conferencias, actuacións líricas, cursos e competicións de xadrez,  clubes de lectura para adultos, de conversa en inglés ou obradoiros de alfabetización dixital, son varias das propostas do ‘Outono Cultural’ do Porriño, que empezou o pasado mércores, 19 de outubro e que chegará xa ata a primeira metade de decembro, pouco antes do inicio da programación de Nadal.


A estas iniciativas súmanse outras, coma ‘ACEESCA na rúa’, con postos de artesanía, cada 15 dias en varias rúas da vila; ‘A Comuniteca’, ata finais de novembro, na que se verá dos distintos xeitos de que hai de contra contos, ‘Lendo Xuntos’, na que se proporá coma se trasladan as historias ao papel, técnicas para crear personaxes e aventuras, coma pasos para finalizar coa elaboración dun libro entre todas e todos os asistentes.


A maioría das actividades terán coma escenario o Centro Cultural Municipal, a Biblioteca Municipal e varias da rúas máis transitadas do concello, fomentando a participación das veciñas e veciños de todas as idades, dende os cativos aos adultos

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.