Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 24 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Entra en funcionamento o novo bus urbano de Mos

Hoxe comezaba o servizo de transporte municipal que tamén foi presentado oficialmente. Por diante queda un mes de proba e análise para valoralo e adaptalo ás necesidades reais dos veciños e veciñas.

[Img #28280]Hoxe iniciouse o servizo municipal de transporte, polo que Mos xa ten bus urbano. Durante este primeiro mes, que será de proba, faranse estudos dos horarios e paradas máis demandados, dos infrautilizados, así coma análise de posibles zonas que queden sen cubrir e que deban ser tidas en conta. Dento de 15 días emitirase o primeiro informe no que se rexistren o número de usuarios que se sube e se baixa en cada unha das paradas das dúas liñas circulares operativas: a azul e a verde, para facer un balance inicial do servizo.

 

Nestes intres estanse a ultimar os labores de instalación da sinalización horizontal e vertical do bus urbano nos puntos nos que as paradas son xa definitivas como o Concello, o Instituto, etc. Nas paradas cuxo uso aínda ten que ser testado a instalación farase unha vez rematado o mes de proba.

 

[Img #28290]

A sinalización horizontal, que se fai mediante pintado, realízase con pintura verde nas paradas da liña de bus verde e en azul nas da liña azul; para que os usuarios poidan identificar visualmente e dun xeito sinxelo a liña que están a tomar.

 

Aproveitando esta primeira xornada de servizo do bus urbano, fíxose unha presentación oficial do transporte municipal para que periodistas e particulares puideran coñecer os autobuses e as rutas. O punto de encontro foi a parada situada fronte ao edificio de Urbanismo (ó carón do Concello de Mos), para subirse á lanzadeira verde do bus urbano mosense.

 

Nesta ruta de presentación do transporte urbano do Concello de Mos estiveron presentes: a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Mobilidade, Kely Monzón e outros membros da Corporación Municipal mosense.

 

[Img #28286]

 

A rexedora local, Nidia Arévalo, calificou a de hoxe como “unha data histórica para Mos, un Concello que se atopa ás portas da principal cidade de Galicia e que agora por fin conta cun servizo de transporte á altura desta circunstancia”. Neste sentido Arévalo declarou que “agora os veciños e veciñas de Mos xa son cidadáns de primeira e comezan a experimentar no seu día a día as vantaxes de ser cidadáns da Área Metropolitana”. Vantaxes que a alcaldesa de Mos espera que se estendan a tódolos municipios membros da Área e que exista unha plena igualdade de condicións para os habitantes das 14 localidades integrantes da Área Metropolitana.

 

Unha vez en funcionamento este servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros, Mos é, xunto con Vigo, o único municipio con bus urbano da Área Metropolitana.

 

A alcaldesa, Nidia Arévalo, informaba hoxe de que, ademais de contar con transporte urbano, Mos tamén está adherido ó transporte metropolitano; no que pasará a integrarse o autobús municipal, unha vez asinado o pertinente convenio coa Xunta de Galicia. Dito convenio de colaboración asinarase próximamente, en canto se atope constituído o novo goberno da administración autonómica.

 

Unha vez integrado no transporte metropolitano, o servizo municipal de transporte pasará a ter exactamente as mesmas características que o primeiro. O prazo estimado dende a administración local para que se produza a devandita sinatura do convenio é de entre un e dous meses, prazo que será adoitado como unha especie de período de proba durante o que os usuarios do bus urbano de Mos non terán que pagar por desprazarse dentro do termo municipal, sendo as viaxes gratuítas, agás se fan transbordo ao transporte urbano de Vigo ou ó metropolitano a calquera das outras localidades da Área. Deste xeito, durante este tempo de proba, calquera veciño/a poderá ir gratis ao Centro de Saúde, a Puxeiros, á Piscina Municipal, ao Instituto sito nas Pozas-Petelos..., por poñer algúns exemplos.

 

 

A idea de facer a concesión do servizo por un ano é para ver como funciona e se son moitos os pasaxeiros.

 

O servizo municipal de transporte conta cun regulamento aprobado por unha Comisión de Estudo integrada por representantes de toda a Corporación Municipal, no que se establecen, entre outras directrices de funcionamento, os dereitos e deberes dos usuarios do mesmo, as características que deben ter os autobuses que prestan o servizo, condicións de accesibilidade, etc.

 

As rutas e horarios deseñados poderán ser modificados pola administración local como considere segundo se vaian perfilando as necesidades do servizo unha vez este bote a andar. Esta posibilidade de modificación ven xa estipulada no regulamento aprobado pola Comisión de Estudo.

 

O período de contratación da empresa concesionaria, Autos Lar, será dun ano.

 

O estudo económico de costes do transporte municipal está estimado nuns 45.000 euros anuais polo departamento municipal de Intervención, aínda que para establecer os costes reais hai que esperar a coñecer o volume real de usuarios do servizo e, en función dos mesmos, os ingresos anuais que lle reportará á empresa concesionaria a prestación do servizo en Mos. Ditos ingresos calculáronse agora en base a unha estimación media de 7.000 euros/ano.

 

Unha vez asinado o convenio coa Xunta de Galicia e integrado o servizo de autobús municipal no transporte metropolitano, a tarifa establecida para o billete do transporte urbano mosense será a máis simple: 0,85 euros. Será un billete único e os usuarios non terán que volver a pagar durante unha hora aínda que fagan transbordo a outra liña tanto do transporte urbano como do interurbano a outros municipios da Área Metropolitana.

 

Detalles do servizo de transporte municipal

O proxecto de transporte municipal do Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas (Liña C1 verde e Liña C2 azul) que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do transporte metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións.

 

[Img #28276]

 

Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia veciñal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.

 

O transporte municipal consta dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace e/ou zonas de intercambio co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da Área Metropolitana. Deste xeito garántese a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.