PROVINCIA
Un estudantes vigués recibe un dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2015/16
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se conceden os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16, uns galardóns que teñen como obxectivo recoñecer a excelencia educativa do alumnado galego.
Un estudantes vigués, Alberto Ulloa Meijide (do CPR Plurilingüe Apóstol Santiago), resultou beneficiado dun destes galardóns, dirixidos ao alumnado que nos dous cursos de bacharelato obtivo unha cualificación final media igual ou superior a 8,75 e que obtivo as mellores cualificacións nas probas realizadas para optar aos ditos premios. Ademais, os aspirantes realizaron unha proba estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvólvense temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado.
Cada premio está dotado cunha contía de 1000€ e o alumnado que obteña o premio poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público. Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, un diploma acreditativo e outorga a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bacharelato.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149