MOS
Mos pechou a fin de semana de actos centrais das Xornadas Micolóxicas cun enorme éxito de afluencia
60 participantes asistiron o sábado á saída guiada ó monte e onte máis de 800 persoas pasaron polos postos de degustación dos restaurantes instalados no contorno do Pazo de Mos.
![[Img #28314]](upload/img/periodico/img_28314.jpg)
O sábado 22 de outubro de 10.00 horas a 13.30 horas realizouse a saída didáctica para a recollida e identificación de cogomelos, que contou co acompañamento, asesoramento e instrucción de dous monitores especializados. Para participar na mesma requeríase inscrición previa no Concello de Mos no departamento de Medio Ambiente. As prazas ofertadas, un total de 60, cubríronse todas quedando incluso xente en lista de reserva. Este foi o ano, das trece edicións celebradas, cun maior éxito de afluencia nesta actividade.
O sábado ás 16.00 horas tamén houbo unha exhibición e práctica para o público de tiro con arco a cargo da Sociedade de Caza con Arco ‘Cazarco’ e ás 20.30 horas a Empresa Touceda impartiu unha charla sobre caza.
Por outra banda, onte celebrouse a Gran Degustación de Cogomelos no contorno do Pazo de Mos, que rexistrou unha afluencia de público de máis de 800 persoas; cifra que, segundo declarou a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, “duplicou o dato de asistentes do ano pasado, a pesar de que nesta ocasión as condicións meteorolóxicas non nos acompañaron”.
Os pratos que se serviron onte nos postos instalados no contorno do Pazo e que se poderán tomar ata finais do mes de novembro nos propios restaurantes foron: croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas da Adega da Tía Carmen, croquetas de xamón e setas e mexilóns tigre con salsa mariñeira e setas, e tarta de oruxo e setas caramelizadas de A Cova de Senlle; empanada de pan de millo de carne de xabarín con setas e carne de xabarín estofada con setas de Bar Faquiña, salteado de setas con gulas con reducción de vinagre de Módena e salsa de frutos vermellos de O Cruceiro, setas empanadas con tosta de tetilla con membrillo de Tapería A Cepa; e pizza mar e monte de salmón afumado con variado de setas e queixo García Ulloa de A Favorita.
Como novidade, nesta Gran Degustación houbo pan de setas elaborado pola panadería Amaquía e por O Cruceiro.
Outras novidades que houbo onte no contorno do Pazo de Mos foron que a Gran Degustación estivo complementada cun mercado micolóxico, postos nos que poder probar café e té de setas, a presenza dun artesán que realiza esculturas de setas de madeira, un posto de complementos de xoiería en cristal con pezas inspiradas na micoloxía, outro posto de coiro repuxado, de fieltro, etc. A xornada gastronómica de onte domingo prolongouse dende as 12.00 horas ata as 15.00 horas, horario durante o que se contou coa amenización da Charanga Charamujas.
Pola tarde, a partir das 18.00 horas, no auditorio do Pazo de Mos, proxectouse cine infantil, concretamente será a película ‘Minúsculos, el valle de las hormigas perdidas’. A exposición, consulta de identificación de cogomelos foi de 10.30 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas no Pazo de Mos.
A XIII Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos está organizada pola concellería de Medio Ambiente e a Comunidade de Montes de Mos contando coa colaboración da Fundación Pazo de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213