Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 26 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

“En galego, agora e sempre” no Cemiterio Municipal de Ponteareas

O Concello de Ponteareas en colaboración coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) organiza este xoves, día 27, ás 17:00 horas, no Cemiterio Municipal o acto co gallo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia.

A través deste acto quérese render unha homenaxe a todas as persoas que nos precederon e grazas ás cales Galicia segue a ter unha cultura e lingua de seu. Neste sentido  anímase á sociedade e aos sectores de empresas do sector funerario a sumárense a esta iniciativa.


 Desde o Concello preténdese salientar o feito de que unha inmensa maioría das persoas galego falantes pasan a ser lembradas nas súas tumbas nunha lingua allea á que usaron en vida, aínda que  mesmo algúns,  si deciden lembrar aos seus familiares colocando as inscricións funerarias na nosa lingua.


O acto comezará coa descuberta dunha placa na honra de todas as veciñas e veciños que nos precederon no decorrer da historia de Ponteareas e que foron quen de transmitirnos a nosa lingua e cultura.


Tras a descuberta Xosé González Martínez, secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística quen coincidindo coas datas previas a festividade de todos os santos, referirase ao compromiso do uso normalizado da nosa lingua tamén nas necrolóxicas e lápidas funerarias, e Guillermo Rodríguez, director de Novas de Turonio e Eixo Atlántico, persoa comprometida co uso do galego nos medios escritos.

 

Durante o acto, un grupo de amigos e veciños de Canedo farán unha lembranza diante da tumba de Luis Pardo Groba sobre o seu papel pioneiro na dinamización socio-cultural de Canedo.


Posteriormente, convidarase a todos os asistentes a sumarse, quen así o decida, á sinatura pública da acta de “Derradeiras Vontades” na que se deixará constancia expresa de empregar a lingua galega nos epitafios e lápidas, incorporando aos testamentos e últimas vontades un mandato específico neste sentido.


Ao remate, se realizará unha visita  guiada a cargo de Gonzalo Fernández para dar a coñecer os diferentes elementos da arquitectura e simboloxía das principias construcións do cemiterio Municipal de Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.