Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 31 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Esquerda Unida solicita unha nova convocatoria de axudas para libros e material escolar

As familias con máis baixos recursos quedaron fora da convocatoria.

Logo do anuncio por parte da Xunta de Goberno Municipal da concesión de axudas para 181 familias de Ponteareas para libros e material escolar, ESQUERDA UNIDA solicita unha nova convocatoria de axudas. Solicítase tendo a constancia de que as familias con máis baixos recursos non puideron acceder ás axudas destinadas ao alumnado de educación non obrigatoria.

 

ESQUERDA UNIDA lembra que isto é perfectamente realizable, xa que o orzamento para esta subvención estableceuse en 20.000€ e dende a Xunta de Goberno manifestaron que o gasto foi de 14.762€, polo que aínda queda unha marxe de 5.238€.

 

"O problema é que tal e coma está establecido nas bases das subvencións aprobadas pola Xunta de Goberno, as familias deben xustificar a subvención entregando as facturas ao Concello, polo que necesariamente teñen que facer o gasto previo sen saber en que momento se lles abonará a subvención. Deste xeito, familias con baixos ingresos de Ponteareas, non puideron facer fronte a ese custe, polo que quedaron tamén sen a subvención e recorreron a fundacións privadas da vila para poder mercar o material escolar. Isto mesmo, xa foi avisado á concelleira de ensino e ao alcalde no Consello Sectorial Social por un dos colectivos asistentes, e a súa resposta foi que cambiarían este requisito das bases, pero non o fixeron" explican.

 

No escrito dirixido á Concellería de Educación, ESQUERDA UNIDA solicita que ademais de facer unha nova convocatoria de subvencións, se cambie a BASE DECIMO PRIMEIRA, de Xustificación e Pagamento Das Axudas, de forma que en lugar de ser as familias as que xustifiquen o gasto mediante a presentación das facturas, sexa o Concello quen entregue un vale que poderá ser trocado por material escolar e libros en librerías locais.

 

Pola contra nas bases de subvención establécese coma límite máximo para poder acceder ás subvencións, de 9.000€ de renda per cápita. Deste xeito temos que, por exemplo, unha familia de tres membros cuns ingresos de 27.000€ ao ano, entraría no baremo e podería acceder sen dificultades á subvención. Pola contra, outra familia con ingresos moi baixos ou practicamente sen eles, situación que por desgraza dáse en Ponteareas, tería serias dificultades ou non podería acceder á mesma.

 

Isto lévanos a unha situación absurda na que o Concello subvenciona os libros e o material escolar ás familias con rapaces e rapazas en educación non obrigatoria con recursos económicos, mentres as familias con menos recursos quedan fora.

 

Se ben, ESQUERDA UNIDA entende que "este tipo de axudas deberían ser concedidas pola Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias en educación, a labor do Concello debería centrarse en axudar ás familias con menos recursos.."

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.