GALICIA
Feijóo marca o calendario para a elaboración dos Orzamentos, que prebé aprobar o Consello no día 1 de decembro
“Seguimos consolidando a operatividade dun Goberno estable, viable e previsible, que é o que os galegos quixeron”, indica.
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, marcou o calendario para a aprobación dos Orzamentos autonómicos de 2017, con dous grandes fitos: na primeira xuntanza do novo Goberno, aprobar o Proxecto de lei de teito de gasto, e no Consello do 1 de decembro, previsiblemente, dar o visto e prace ao Proxecto de lei de Orzamentos, para que poida comezar a tramitarse na Cámara o antes posible.
“Seguimos consolidando a operatividade dun Goberno estable, viable e previsible, que é o que os galegos quixeron”, indicou Feijóo. Non obstante, a inestabilidade no panorama político nacional impediu que as comunidades puidesen cumprir cos tempos estipulados e fixo que, por primeira vez, a Xunta non puidese aprobar en prazo o teito de gasto.
Pediralle ao Parlamento de Galicia que tome como prioridade a tramitación dos Orzamentos de 2017
O Goberno autonómico en funcións foi adiantando traballo, pois leva semanas traballando nun borrador dos Presupostos e a principios de setembro aprobou un teito de gasto provisional para o próximo ano. O presidente lembrou que naquel Consello tamén se pediu un acordo dos grupos políticos do Congreso dos Deputados para deixar gobernar ás comunidades autónomas.
Ese acordo produciuse: vén de aprobarse unha reforma da Lei de estabilidade que permite que as comunidades coñezan xa o límite de déficit para 2016, que se situará no 0,5%. Deste modo, vai ser posible “que o Goberno saínte lle entregue ao que vai tomar posesión uns Orzamentos practicamente finalizados”, indicou Feijóo.
Indicadores macroeconómicos
Os Orzamentos seguirán a senda trazada no Plan Estratéxico ata 2020, guía da economía galega, aínda que poderá ser actualizado en función das previsións económicas. Este documento incluirá os seguintes indicadores macroeconómicos: o PIB, que se prevé que medre un 2,3% en 2017, igual ca a media nacional (menos que en 2016, principalmente polo efecto do Brexit), e a taxa de paro, para a que se calcula unha baixada interanual de case dous puntos, que situaría a Galicia no 15,6%, 2,2 puntos por debaixo da estimación para o conxunto de España.
Grazas á reforma da Lei de estabilidade aprobada polos grupos do Congreso dos Deputados, xa se coñece o límite de déficit para as comunidades autónomas, que será do 0,5%
Feijóo avanzou que lle pedirá ao Parlamento autonómico que tome como prioridade a tramitación dos Orzamentos de 2017. Con este calendario, concluíu, cúmprese o mandato das urnas: estabilidade, unha axenda económica que favoreza o crecemento e a creación de emprego e traballo para seguir trasladando os beneficios da recuperación ao conxunto da poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103