GALICIA
A Xunta incrementa a liña de axudas para os mozos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira
“Aumentamos en 8 millóns de euros o orzamentos desta liña e pasamos de 18 a 26 millóns de euros para que ningún dos 657 mozos que a solicitaron, e que cumpren todos os requisitos, queden sen ela”, asevera.
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana o incremento da liña de axudas ata un total de 26 millóns de euros para os mozos de entre 18 e 41 anos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira. “Aumentamos en 8 millóns de euros o orzamentos desta liña e pasamos de 18 a 26 millóns de euros para que ningún dos 657 mozos que a solicitaron, e que cumpren todos os requisitos, queden sen ela”, aseverou, subliñando que grazas a este incremento –“que bateu o record”-, será o ano co maior número de solicitudes aprobadas, o que representa unha suba do 350% respecto ao 2015.
Subliña que grazas a este incremento –“que bateu o record”-, será o ano co maior número de solicitudes aprobadas, o que representa unha suba do 350% respecto ao 2015
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que para acceder ás axudas os beneficiarios deben iniciar as actuacións do plan empresarial que presenten nos nove meses posteriores a que se lles notifique a concesión e completalas nun prazo de 24 meses. O 60% da cantidade recibiraa ao iniciar o plan e o 40% ao finalizalo.
O presidente da Xunta en función precisou que existen catro modalidades de incorporación á actividade agraria: a titularidade exclusiva; compartir a titularidade dunha explotación agraria prioritaria, como as situadas nunha zona de montaña; integración como socio nunha cooperativa; ou a titularidade compartida. E á hora de conceder as axudas daráselle prioridade a criterios como os de instalarse a tempo completo; a localización en zonas desfavorecidas de montaña; crear emprego adicional ou crear unha explotación ecolóxica ou mediante un proxecto innovador.
A contía básica de cada axuda sitúase nos 20.000 euros mínimo, ampliables ata os 70.000 euros
A contía básica de cada subvención sitúase nos 20.000 euros mínimo, ampliables ata os 70.000 euros.
Logo de precisar que coa ampliación de crédito, en 2016 haberá unha axuda media de preto de 40.000 euros, Feijóo concluíu incidindo en que o sector agroalimentario e o sector forestal seguirán a ser unha das prioridades do novo Goberno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180