Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 01 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Marcelino Coto subliña diante do Cluster de Granito a importancia da prevención de riscos laborais no eido industrial

[Img #28367]

 

O concelleiro de Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto, participou a semana pasada na xornada técnica sobre o ‘Desenrolo e mellora da prevención de riscos e técnicas de prevención no campo da pedra natural’, organizada polo Cluster de Granito de Galicia.


Coto, lembrando a súa longa experiencia profesional, subliñou a necesidade de facer da prevención dos riscos laborais un dos “puntos centrais” da xestión dos recursos humanos das empresas, unha idea que sempre insistiu en coidar durante a súa carreira.


O concelleiro felicitou ao Clúster do Granito por facer que os obxectivos da xornada xirasen ao redor desta  idea e a súa aposta pola  promoción da cultura da prevención, o coñecemento das mellores prácticas no sector ou a promoción da prevención na xestión laboral do día a día.


Ademais, os especialistas que interviron no mesmo, como Luis García Florido, da Xefatura provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou Gabriel Miguel Rubio, xerente de Recursos Humanos da Levantina, abordaron outros aspectos como as melloras técnicas no sector da maquinaria na pedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.