PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra promove unha xornada formativa para o emprego de desfibriladores
Á xornada asistiron alcaldes, alcaldesas e persoal técnico de 32 concellos da provincia.
![[Img #28379]](upload/img/periodico/img_28379.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de cooperación, David Regades, inaugurou esta semana a xornada formativa que a institución provincial organizou para o emprego adecuado de desfibriladores. Á xornada asistiron alcaldes, alcaldesas e persoal técnico de 32 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes ós que a Deputación achegou desfibriladores para situar nas instalacións deportivas municipais.
A Deputación de Pontevedra dividiu esta actividade nunha primeira xornada teórica, que tivo lugar no edificio administrativo da Deputación a cargo do médico Ángel Pichel Loureiro, membro da Sociedade Española de Medicina de Urxencias de Galicia, e unha serie de formacións prácticas que terán lugar entre o 26 e o 28 de outubro no Centro Príncipe Felipe, ambas encamiñadas ó emprego adecuado dos desfibriladores.
A presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que "esta xornada busca a formación e a información sobre o emprego dos desfibriladores pero, por riba de todo, manifesta o compromiso da institución coa sanidade pública e co territorio". Neste contexto, Silva indicou que "mentres que as grandes cidades teñen recursos económicos, materiais e técnicos para facer fronte ás demandas da cidadanía non acontece o mesmo cos concellos máis pequenos. E aí ten que estar a Deputación, para cubrir as carencias que teñen porque a veciñanza, viva onde viva e sobre todo nunha cuestión tan importante como é a saúde, ten que ter os mesmos dereitos".
Carmela Silva recordou que a Xunta de Goberno da Deputación aprobou a comezos do verán o contrato de subministro, instalación e posta en marcha de 32 desfibriladores en concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, co obxectivo de que as instalacións deportivas dos municipios, empregadas por un número considerable de persoas, estean dotadas do material indispensable que permita prever calquera continxencia que poida acontecer. Ó respecto, a presidenta da Deputación fixo fincapé en que "empregando un desfibrilador nun período máximo de 10 minutos posteriores ó inicio da parada, as posibilidades de supervivencia poden aumentar ata un 70%".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149