Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 31 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello procederá a arranxar varios camiños municipais dentro do PLAN MARCO

O Concello de Tomiño vén de recibir da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), unha subvención de 68.967,78 euros, para o desenvolvemento do proxecto “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A

 

EXPLOTACIÓNS AGRARIAS: CAMIÑO SAN LOURENZO E CAMIÑO TOLLO, en Goián, CAMIÑO LAGO, en Figueiró, e CAMIÑO DE A GÁNDARA, en Barrantes”.

 

Como AGADER non subvenciona o IVE (de acordo co disposto nos termos previstos no artigo 13, liña 1 da Directiva  2006/112/CE do Consello), o Concello de Tomiño achegará o importe correspondente a esta taxa.

 

Por resolución da Alcaldía, do día 5 de xullo de 2016, aprobouse o expediente de contratación por procedemento negociado sen publicidade previa, con tramitación ordinaria, e invitouse a participar ás seguintes empresas: COVSA, CALDEVERGAZO, SL, NAROM,SL, INNTIS INGENIEROS CONSTRUCTORES, SL e ORESA, SL.

 

O 2 de setembro de 2016, adxudicouse a execución do proxecto a CONSTRUCCIÓNES, OBRAS Y VIALES, SA (COVSA),  por ser no seu conxunto, a oferta máis vantaxosa para o interese público, ao obter a mellor puntuación (100 puntos) por importe total de 75.114,25 €.

 

Antecedentes

Por resolución do 25 de xaneiro de 2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) (RE nº 688 de 3 de febreiro de 2016), aprobouse o Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado con FEADER ao abeiro do PDR de Galicia 20014-20203, e anunciouse a convocatoria para o período 2014-2015.

 

Por Resolución da Alcaldía de 3 de marzo de 2016, acordouse a solicitude de subvención por importe de 68.967,78 euros.

 

O 14 de xuño de 2016 tivo entrada co núm. 3.864, no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño, a notificación da Resolución de Concesión da Subvención do expediente PM16-0304302A-0083, do proxecto de “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS: CAMIÑO SAN LOURENZO E CAMIÑO TOLLO, en Goián, CAMIÑO LAGO, en Figueiró, e CAMIÑO DE A GÁNDARA, en Barrantes” cun orzamento total aceptado de 68.967,78 euros (S/IVE).

 

Porcentaxe investimento (por organismo cofinanciador)

FEADER: (75,00%)

AGADER: (17,50%)

MARM: (7,50%)

O importe do IVE (21,00 %) é financiado polo Concello de Tomiño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.