Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 30 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Alumnos de Primaria dos colexios de Mos coñecen o fascinante mundo micolóxico

Trátase de unha actividade incluída nas XIII Xornadas Micolóxicas para que os nenos descobran os recursos que ofrece o entorno natural máis próximo.

[Img #28418]

 

Con motivo das XIII Xornadas Micolóxicas do Concello de Mos, e xa que a micoloxía é unha actividade recreativa moi demandada pola cidadanía mosense que, no caso dos nenos, resulta descoñecida na meirande parte dos casos; as concellerías de Educación e Medio Ambiente, dirixidas polas edís  Kely Monzón e Julia Loureiro, respectivamente, organizaron unhas sesións lúdico-didácticas para que os alumnos e alumnas de Educación Primaria dos colexios de Mos descobran o entorno natural máis próximo, e os recursos que dito entorno ofrece a través da micoloxía.


A unha destas sesións, que deron comezo o martes 25 de outubro e finalizarán a semana que ven, e que contan cunha duración estimada de entre 60 e 90 minutos, acudiu hoxe as concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, para ver de preto coma desfrutaban os nenos e nenas de 1º curso de Primaria do colexio Pena de Francia.


Un total de 732 alumnos dos cursos de 1º a 5º de Educación Primaria dos cinco colexios públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Mos están a ser beneficiarios desta charla instrutiva sobre a micoloxía, e dunha saída ó monte para localizar e identificar cogomelos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.