O PORRIÑO
O Porriño celebra os 50 primeiros anos de vida do Instituto Pino Manso
![[Img #28422]](upload/img/periodico/img_28422.jpg)
A alcaldesa, Eva García de la Torre, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, e os concelleiros Marcelino Coto, Lourdes Moure e Orlando Vázquez, acudiron este pasado venres aos actos centrais da celebración do 50 aniversario do Instituto de Ensino Secundario (IES) Pino Manso.
Coa presencia da maioría dos preto de 500 alumnos e 50 profesores do centro, ademais de descubrirse un monolito no que se fai referencia a este medio século de vida do mesmo, o seu director, en nome de todo o claustro, lembrou a “todos aqueles que hoxe non están entre nós e que deixaron a súa pegada neste instituto”.
Juan Aguilar amosou o seu orgullo por estar á fronte “dun equipo coma o que formamos”, e que, salientou, abrangue ás alumnas e alumnos, aos profesores, e ao persoal non docente, que fan posible non so que o Pino Manso sexa unha referencia para moitos das veciñas e veciños do concello, senón que forme parte da propia historia do Porriño.
![[Img #28423]](upload/img/periodico/img_28423.jpg)
Pola súa banda, a alcaldesa, logo de agradecer a invitación para acudir á celebración deste cumpreanos “tan especial porque aquí estou vendo ao futuro da nosa sociedade, non so do Porriño”.
Eva García de la Torre sinalou a importancia de que Porriño conte cun centro que teña formado “a cabeza, os valores, o sentimento e a forma de ser de todas as persoas que pasaron polo Pino Manso en estes cincuenta anos”. Estou segura, concluíu a rexedora, de que “levaredes con vós todo o aprendido e todo o vivido aquí” e asegurou que “institucións como este instituto son esenciais para “democratizar á sociedade e axudan a crear homes e mulleres libres”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191