SALCEDA DE CASELAS
Aprobada por unanimidade a moción socialista para solicitar a Xunta que instale alumeado na estrada PO-510
O Grupo socialista consigue sacar adiante e por unanimidade a moción que presentou no pleno do pasado venres, para que a Xunta de Galicia instale puntos de luz na PO-510 ó seu paso polo termo municipal de Salceda de Caselas.
Tal como explicaban na moción a falta de iluminación nesta estrada, provoca problemas de visibilidade para os condutores, pero tamén xera inseguridade para os veciños e veciñas que camiñan a diario nas vías de servizo paralelas a esta estrada. Unha zona ademais que todos os veráns sofre incendios, que quizais se poidan evitar coa iluminación desta vía, sobre todo no caso daqueles que puidesen ser provocados intencionadamente.
A voceira socialista Verónica Tourón, considera moi positivo o apoio unánime destas iniciativas que veñen a favorecer non só ós veciños e veciñas de Salceda, senón tamén a aquelas persoas que se achegan de visita ó noso concello ou as que transitan habitualmente por esta estrada para achegarse a concellos como Salvaterra e Porriño, e incluso Portugal. “Esperamos agora que a Xunta recolla esta iniciativa, que xa lle demos traslado tamén ós nosos deputados no Parlamento Galego e realice esta mellora tan importante para o noso concello”
O Alcalde non permitiu a votación da moción sobre o carril bici.
Por outra banda, o grupo municipal socialista, lamenta "a actitude autoritaria e arbitraria do Sr. Alcalde non permitise o debate da moción que instaba ó goberno municipal a crear unha comisión informativa sobre o carril bici de Salceda".
A concelleira Gela Ledo, critica a "falta de sensibilidade do Sr. Alcalde con este tema, despois de que un gran número de veciños e veciñas, colectivos veciñais e culturais e plataformas mostraran o seu desacordo con esta infraestrutura e recollesen máis dun cento de sinaturas para que se lles escoitase".
Tourón, lamenta unha vez máis que "o Sr. Alcalde se opoña sistematicamente a darlle voz ós veciños e a contar coa súa opinión nas decisións da acción municipal". “Isto, só reflexa o que xa sabíamos, que sería imposible levar a cabo nun hipotético goberno conxunto o noso programa electoral baseado na participación veciñal”. “Creo que o Sr. Alcalde segue sen querer darse conta de que os cidadáns nos piden outro xeito de facer política, contando con eles e totalmente apartada do “eu ordeno e mando” de outros tempos”.
Dende o grupo municipal consideran que é unha mágoa que o Sr. Alcalde demostre pleno tras pleno unha falta total de actitude democrática, bloqueando unha e outra vez o traballo da oposición, e aseguran que “non deixaremos de presentar iniciativas e buscaremos solucións para que o Alcalde non consiga anular a nosa labor”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149