MOS
Mos combate o sedentarismo bailando
Da man da campiona de Baile Deportivo, Patricia Martínez, a concellería de Educación promove nos colexios o ocio saudable.
![[Img #28462]](upload/img/periodico/img_28462.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, participaron onte no Colexio Pena de Francia, xunto cos alumnos/as de primeiro e segundo cursos de Educación Primaria do devandito centro, na presentación da Escola Municipal de Baile Deportivo de Mos a cargo da campiona, e mestra da Escola de Baile, Patricia Martínez.
Esta presentación forma parte das iniciativas desenvolvidas pola concellería mosense de Educación nos centros escolares e, ademais de no CEIP Pena de Francia, tamén se levou a cabo nos outros catro colexios públicos de Mos: o Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, o Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, o CEIP de Petelos e o de Atín-Cela.
Sobre esta actividade a edil Kely Monzón declarou que “actualmente vivimos nunha sociedade dominada pola novas tecnoloxías, este tipo de sociedade ademais de beneficios tamén ten os seus perigos, entre eles o fomento cada vez máis de hábitos sedentarios e de afastamento social, polo que as relacións sociais e a saúde dos nosos mozos e mozas vese afectada, é necesario crear espazos de relación entre a mocidade á vez que se promova un ocio saudable”.
Así mesmo, o Concello de Mos ten o orgullo de contar cunha campiona internacional en Baile Deportivo, un deporte que combina distintas modalidades de baile. É por este motivo que preténdese dar a coñecer o valioso traballo da doce veces campiona nacional Patricia Martinez, que a través da súa experiencia amosa aos nenos e nenas de Mos un recurso co cal desenrolar habilidades deportivas, dende as diferentes modalidades de baile, e habilidades persoais, a nivel relacional e individual.
O Baile Deportivo para nenos e nenas converteuse nunha nova disciplina que cada vez ten máis cabida nas escolas de danza. A través de esta práctica, os/as máis pequenos/as exercitan o seu corpo, desenvolven a súa mente e pasan momentos divertidos xunto os/as seus/súas compañeiros/as.
Algo tan sinxelo como bailar, axuda a reducir o estrés nos/as máis pequenos/as, que descargan a súa enerxía e reláxanse. Todo o que engloba a danza convértea nunha actividade que mellora de forma notoria a autoestima e a perseveranza deles/as. Ademais de aprender a ser capaz de superarse e conseguir obxectivos, algo que tamén pode aplicar a súa vida diaria, xa que aprenderán a esforzarse polas cosas que de verdade desexan.
A finalidade desta actividade, é pois, presentar e promover o deporte, así como expandir a idea do baile como un hábito que nos permitirá unha mellor saúde física e unha mellora das relacións sociais.
Grazas á valiosa colaboración de Patricia Martínez que guía esta proposta, os nenos e nenas poden coñecer de primeira man os beneficios do baile deportivo.
Os obxectivos desta presentación son incrementar a participación dos escolares do Concello de Mos en actividades físico-deportivas en horario non lectivo, promover o Baile Deportivo como unha actividade lúdica ó mesmo tempo que unha actividade que conta cun gran potencial educativo e deportivo, transmitir a través do Baile Deportivo a aprendizaxe de valores sociais básicos como son: a tolerancia, o respecto, os hábitos saudables, a importancia das relacións sociais e a boa convivencia..., fomentar a práctica da actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual, potenciar o Baile Deportivo como método de aumento da propia autoestima e da perseveranza na consecución de metas e crear espazos de relación entre o alumnado, potenciando a interacción social entre eles/as a través do baile.
Esta actividade vai destinada ó alumnado de primeiro e segundo de Primaria, de todos os centros de ensinanza pública do Concello de Mos. Este ano, ó igual que o ano pasado, está pensada para os alumnos de 1º e 2º cursos, para valorar como funciona con eles e considerar que as problemáticas de hábitos sedentarios están comezando a aparecer en idades cada vez máis temperás.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149