Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 04 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Mercado Saudable e unha nova Edición do Calacú, esta fin de semana xuntos no Porriño

[Img #28464]

 

O Porriño será o escenario, durante a vindeira fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de novembro, do IV Mercado Saudable e da XII Edición do Calacú, organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, dous citas que, como cada ano, contan coa colaboración do Concello, como salientou o tenente de alcalde, Manuel Carrera, este mércores durante a súa presentación.


No que atangue ao IV Mercado Saudable, o seu organizador, Carlos Rodríguez González, sinalou a importancia da asistencia de expositores, oitenta en total, que representan a un mercado “moi amplo” que vai dende a repostería caseira, pasando pola cosmética bionatural, a artesanía, antigüidades, eco tendas, produtores ecolóxicos, comercio xusto, ou eco gastronomía.


Entre as propostas máis orixinais e chamativas están o chocolate con churros, elaborados con produto cento por cento ecolóxicos, a empanada de pan de espelta, feita no Porriño, biopanetons, cervexa picante, con chile, ou o paté de ortiga.


A estas iniciativas súmanse outras como una o achegamento a produto da horta completamente naturais,con plantéis, sementes, abonos ou plantas, charlas sobre a compostaxe, unha conferencia da bióloga e naturista Gloria Pérez, que falará da ‘Alimentación Holística’ coma unha forma saudábel de nutrición ou os talleres de degustación.


Ao mesmo tempo que se celebra o Mercado Saudable, na rúa Manuel Rodríguez, terá lugar a XII edición do Calacú, un dos clásicos do Porriño, que o sábado, día 5, vivirá a elección da ‘dama e o cabaleiro’, o Magosto Popular, o taller de cabazos ou a actuación da Charanga SGAHE e, ao día seguinte, domingo 6, arrancará, ás 11 e media coa ‘Andaina Saudable’, que sairá dende a Capela de San Sebastián e seguirá pola Senda Verde do Louro nun percorrido de 4 quilómetros; dará paso ao taller de cabazos e, de seguido, á ‘Chocolatada’ ecolóxica con churros e filloas.


O Goberno local, que colabora coa colocación dunha carpa, a megafonía  e as actuacións, subliña a importancia da labor, tanto de Carlos Rodríguez, coma dos veciños de San Benito e San Sebastián que, como indicou Manuel Carrera, “fan unha festa non so para as familias e os veciños do Porriño, senón para aqueles que se achegan dende moitísimos puntos da provincia”.


Carrera engadiu dúas circunstancias importantes: o feito de que os produtos ecolóxicos son “sen dúbida o futuro nunha sociedade que busca coidarse máis algo no que a alimentación é esencial” e o feito de que o Mercado Saudable e o Calacú coincidan, este primeiro fin de semana de novembro co inicio do ‘Pinchorriño’, o que “sitúa a Porriño como lugar de cita irrenunciábel estes días”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.