Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 04 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Ana Pontón presenta en Mos a ‘Fronte Cultural Canlear’

O sector  nacionalista de Mos ven de crear o movemento a ‘Fronte Cultural Canlear’,  que segundo os seus creadores xorde “dende a falta de espazos dende os cales facer chegar a voz do nacionalismo e cunha idea clara de ser un lugar de debate aberto sobre as realidades que acontecen no día a día de Mos”.

 

Esta plataforma tratará “temas da vida política do concello como tamén de algo que é mais importante, as inquedanzas dos e das cidadáns de Mos, dándolle especial relevancia a situación de infravaloración que recibe a muller en moitas ocasións, a defensa dunha sanidade publica, a deterioración continuada do medio ambiente, o dano das políticas neoliberais no cidadán de a pé, a falta de oportunidades para a xente nova, a defensa da lingua e da cultura galega o igual que a defensa do patrimonio, por poñer algúns exemplos dos temas nos que esta Fronte de recente creación vai por os puntos a debater nos diferentes actos públicos que pretenden realizar o longo do concello” segundo explican nun comunicado.

 

No pouco tempo de vida da mesma xa levan feito dúas convocatorias de palestra aberta, no formato coloquio mais posterior debate, centrándose a primeira no dereito que teñen as e os cidadáns a apostatar e darse de baixa no censo da igrexa católica impartida por Sérxio Barulho, e a segunda sobre a alternativa á banca tradicional impartida polas compañeiras de “Fiare Banca Etica”.

 

Pero o que se podería considerar a presentación pública da Frente Cultural Canlear, farase o 4 de novembro as 20:30 no auditorio do Pazo de Mos, sendo ésta unha conferencia coloquio a cargo de Ana Pontón, deputada parlamento galego e portavoz nacional do BNG. Nesta conferencia falará da situación actual do nacionalismo, cales son as tarefas a afrontar polo mesmo e cal é o lugar do nacionalismo ante un mundo globalizado como ven sendo o actual.

 

A Frente Cultural Canlear, convida a toda a cidadanía a este acto de presentación “que non vai ser máis que a continuación dun traballo comezado hai uns meses, co gallo de conquerir a consolidación e expansión do pensamento nacionalista no noso concello”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.