Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 05 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP sinala que o bipartito recupera a libre disposición

Nidia Arévalo recorda que "os alcaldes levan dous meses esperando a ter unha reunión sobre o Plan Concellos".

[Img #28493]

 

A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, reuniuse esta semana en Tomiño cos alcaldes e voceiros do PP na comarca do Baixo Miño, para comezar a traballar nas propostas que os populares farán de cara aos orzamentos da Deputación de Pontevedra para 2017. Nidia Arévalo recordou que, alcaldes e alcaldesas levan dous meses esperando a ter unha reunión con Carmela Silva sobre o Plan Concellos, e salientou que a súa proposta pasa porque o próximo ano se incrementen en, como mínimo, 20 millóns de euros os fondos que destinan para os concellos da provincia.

 

Nesta liña, salientou que o fracaso do Plan Concellos é unha evidencia, xa que incluso o propio bipartito anunciou que vai haber cambios. Ademais, referiuse ao novo plan de investimentos para concellos de menos de 20.000 habitantes que o goberno provincial presentou onte, e que supón que recuperan na Deputación de Pontevedra a libre disposición e o que eles chaman “convenios a dedo”. Nidia Arévalo di que saben que estas son palabras tabú para o bipartito, porque levan un ano falando da libre disposición como si fora case ilegal, e agora teñen que volver a estes convenios a dedo, que tanto criticaron, e o fan sen ningún criterio obxectivo.

 

 

 

 

Critican que hai alcaldes e alcaldesas que Carmela Silva aínda non coñece e que, como no caso de Oia, teñen ata tres peticións presentadas.

 

 

 

 

A voceira do grupo provincial entende que este plan é para contentar aos alcaldes socialistas e nacionalistas da provincia, que estaban desconformes co Plan Concellos, polo que vén a recoñecer que o orzamento que se destinaba era insuficiente, tal e como denunciaron en multitude de ocasións os deputados populares, e non representaba as demandas reais dos alcaldes e, polo tanto, tampouco dos concellos.

 

Outro dos temas que denunciaron na reunión foi a falta de diálogo e o desprezo que amosa Carmela Silva e o bipartito das portas e ventás abertas. Así, coincidiron en criticar que é inxustificable que a estas alturas de mandato non coñeza a todos os alcaldes desta provincia, e que se escuse dicindo que é porque non se relaciona con quen a insulta gravemente. Sobre isto, referiuse Cristina Correa, a alcaldesa de Oia, que ten solicitadas ata tres entrevistas con Carmela Silva e a día de hoxe non foi recibida. Sinalou que a súa intención é trasladarlle as prioridades que ten Oia e pide que non haxa discriminación. Cuestionou en que puido faltar ela ao respecto á presidenta da Deputación, se non houbo ningunha ocasión porque o certo é que a día de hoxe aínda non coincidiron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.