MOS
O Concello de Mos asegura que “regulará a instalación indiscriminada de sinalización empresarial”
A edil Julia Loureiro advirte de que a sanción para os empresarios que incumplan a normativa pode chegar ata os 3.000 euros de multa
![[Img #28516]](upload/img/periodico/img_28516.png)
Despois das críticas vertidas en diversos medios de comunicación polo gasto de preto de 50.000 euros na sinalización das igrexas e facendo fronte as protestas de grupos coma o BNG que califican de “lamentable” a organización da sinalización en Mos, dende o Concello veñen de facer público un comunicado no que aseguran que levan “meses traballando nun proxecto de reorganización e reordenación integral dos sinais instalados no termo municipal en aras de homoxeneizar e unificar a estética da sinalización, nestes intres cunha distribución un tanto caótica xa que sobre todo no caso de empresas privadas colócanse sinais indiscriminadamente en calquera lugar”.
Explican que “este proxecto está a ser coordinado entre as concellerías de Medio Ambiente e Cultura, que dirixen as edís Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente”.
Respecto da caótica sinalización indiscriminada por parte de empresas, dende o departamento municipal de Medio Ambiente explican que “realizouse un informe de análise e inventario dos sinais que se atopan diseminados por diferentes puntos do municipio e estase a traballar en colaboración con AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos) na reestructuración e reordenación de todos estes sinais, ademais dunha nova regulación da instalación de sinais empresariais”.
E é que, segundo hoxe informou Julia Loureiro, existen en Mos “sobre 500 empresas que teñen os seus sinais instalados sen criterio de homoxeneización por todo o termo municipal. As únicas que están correctamente sinalizadas son as 35 do Parque Empresarial Mos-Veigadaña, o polígono industrial mosense de máis recente creación. Logo, por poñer algúns exemplos significativos, entre as rotondas de Puxeiros e Campo da Feira hai máis de 30 sinais de empresas diseminados, nas inmediacións do polígono do Rebullón sobre 90, no de Portela 10, no de Faquiña 25… por non mencionar outras zonas industriais como Arrufana, Sanguiñeda e empresas asentadas aisladamente por toda a localidade”.
Incumprimento sistemático da Ordenanza
O certo é que na actualidade os empresarios instalan sen control algún nin sancións por parte da administración local sinais de todo tipo, algunas sen estar homologadas para ubicar en vía pública e, mesmo, supoñendo un perigo para o tráfico rodado ao estar compostas por láminas de aluminio cortantes que podrían ter tráxicas consecuencias en caso de accidente ou impacto cun peón.
Deste xeito desde o Concello advirten que “os empresarios que queiran sinalizar na vía pública a súa empresa deberán acollerse a esta regulación municipal e a este modelo e, en caso contrario, serían penalizados coa correspondente sanción”.
Previa autorización do empresario e abono da taxa establecida na nova regulación coa que se amortizará o gasto de sinalización da empresa, o Concello incluirá á empresa beneficiaria no directorio con deseño corporativo municipal que se contempla no proxecto conxunto entre administración local e AEMOS. Deste xeito, todas as indicacións direccionais cara ás distintas empresas quedarán agrupadas de modo estético no mesmo núcleo, establecendo por suposto diferentes puntos nos que instalar os pertinentes directorios, pero sempre baixo o mesmo deseño funcional.
Dende o Concello aseguran que actualmente, por parte do Obradoiro de Emprego Mellorar Mos, xa se está a traballar neste proxecto de optimización integral da sinalización dentro do termo municipal, mediante a retirada de todos os carteis pegados en sinais e posterior limpeza dos mesmos. Labor que se está facendo extensivo tamén, non só ós sinais senón a todo o mobiliario urbán público que inclúe, entre outros elementos, marquesinas, contedores, rotondas, etc.
Julia Loureiro advirte de que a sanción pode chegar ata os 3.000 euros de multa
Anuncia a edil Loureiro que, unha vez rematados estes traballos de limpeza, aplicarase “rigurosamente a ordenanza de Medio Ambiente sancionando o seu inclumplimento respecto ao que a mobiliario urbano se refire. A sanción leve ascende a 750 euros cando se trata da colocación de calquera tipo de publicidade ou cartelería, a grave 1.500 euros cando se produce un dano no mobiliario, e a moi grave de 3.000 euros cando se produce dano en mobiliario que se trate de patrimonio municipal, tal como un monumento, un xardín, etc.”
Sinalización turística e institucional
Pola súa banda, dende a concellería de Cultura que dirixe Sara Cebreiro, estase a traballar na reagrupación, en bases comúns, dos sinais turísticos e institucionais; de xeito que non haxa un poste por cada sinal, senón que se xunten varios sinais nun mesmo poste. Ó mesmo tempo aprovéitase para redactar un proxecto e buscar financiación noutras administración para sinalizar todo o Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos con sinais direccionais que lles sirvan de orientación aos moitos peregrinos que pasan pola localidade mosense. Deste xeito quedarían íntegramente reorganizados e estructurados todos os sinais mosenses: turísticos, institucionais e empresariais.
Ademais, no proxecto de sinalización do Camiño, buscarase un modelo de sinal ou panel informativo con datos moi completos mediante o que os camiñantes, nada máis saír do Porriño, poidan ter información do tipo: cantos quilómetros lles quedan ata o Pazo de Mos, que ao chegar ao Pazo atoparanse tamén cun albergue de peregrinos, tenda, bar, restaurante, cafetería, etc.
Este proxecto está rexido, tanto no momento actual de redacción, como no de execución, pola normativa establecida polo Xacobeo.
![[Img #28517]](upload/img/periodico/img_28517.png)
Ambas iniciativas, tanto a de Medio Ambiente como a de Cultura, súmanse á recentemente acometida sinalización de tódalas igrexas e capelas do Concello de Mos; no que representa un plan integral municipal para que “a mosense sexa unha localidade ben sinalizada pero alonxada do feísmo producido pola instalación indiscriminada e azarosa de sinais diferentes” explican dende o Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149